Benvida, benvido a EuFalo.TV. Isto é un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. Levamos uns meses a percorrer Galicia buscando historias de xente que fala. No que pode, no que sabe, no que lle peta ou dá a gana. Todo o mundo ten unha historia coa lingua. Cal é a túa?
Terceira entrega da serie "En Vigo fálase". O Leo i Arremecághona lévanos pasar a tarde ao Berbés para botar a partida.
5 comentarios, Deixa ti un
Gústalle a 20 persoas, A ti tamén?
Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.