Como participar

Comparte a túa historia

Eufalo.TV tamén o fas ti. Seguro que tes algunha historia co galego que contarnos, túa ou de alguén que coñezas. E ata é probable que teñas unha cámara, aínda que sexa das pequenas que gravan vídeo, ou un móbil, ou a webcam do ordenador. Pois non precisas máis nada. Dálle ao REC e cóntanos a túa historia. Ponte ti de protagonista, ou a teu irmán ou a teus pais ou a túa avoa ou a alguén coñecido ou que pase pola rúa. Bótalle imaxinación, e mándanos un vídeo.

Como enviar un vídeo

Primeiro faino, cos medios que teñas á túa disposición. O importante é que se vexa e se escoite ben. En canto á forma, canta máis creatividade e diversidade, mellor. Polo contido, loxicamente non publicaremos nada que sexa ofensivo ou ilegal, ou que non se axuste aos contidos xerais desta web.

Así que o teñas, envíanos un correo a info@eufalo.tv, e darémosche instrucións máis precisas de como envialo.

Se non queres facer un vídeo ou non tes con que, pero cres que tes unha boa idea para algunha peza, tamén nola podes contar e faremos por levala á práctica.

Ah, estamos traballando para que poidas enviar os vídeos gravados directamente coa webcam do ordenador, pero aínda nos falta un chisquiño niso. Permanece atento/a.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza