Licenza

Os vídeos de EuFalo.TV son propiedade da Navalla suíza, e libéranse con licenza Creative Commons con recoñecemento e sen obra derivada. É dicir, podes copiar e distribuír os vídeos canto queiras, con tal de que cites a súa propiedade, de que non modifiques a obra, e de que non fagas obras derivadas a partir dun ou de varios vídeos.

Ademais, os vídeos enviados polos e polas participantes na conversa de EuFalo.TV son propiedade dos seus autores, e levarán a licenza que eles ou elas determinen (iso si, recomendamos o emprego de licenzas de copyleft).

As músicas que se empreguen en cada vídeo terán cadansúa licenza, que será debidamente consignada.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza