Cath Müller ten 26 anos, estuda filoloxía inglesa e é alemá, pero leva 3 anos vivindo en Bastiagueiro. Cando veu vivir aquí decidiu aprender a falar en galego sen ter moita idea de falar en castelán.
Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.