Desde a web Ferrol con lingua envíannos unha entrevista feita ao xerente do Racing de Ferrol, Antonio Aneiros: "Antonio cóntanos que se fala no campo de xogo, no mundo do deporte, na cidade de Ferrol. Escoitamos unha historia que chega desde a dilatada experiencia dun home que nos engancha coa súa actividade e dinamismo".
Javier Gómez Noya ten 27 anos, é ferrolán e acaba de proclamarse Campión do Mundo de Triatlón. No mesmo día en que lle ofrecía á súa cidade este gran triunfo, falou coa xente de Ferrol con lingua da súa relación co galego, tanto na casa como a nivel internacional.
A Coruña apanda co mito de ser unha cidade na que non se fala galego, pero nesta serie e da man de Isabel Risco imos tentar derrubalo. Comezamos o noso experimento unha mañá de inverno na praia de Riazor, preguntándonos canto tardariamos en atopar un galegofalante entre a xente que paseaba por alí. E atopamos unha, e outro, e outros dous... moitos máis dos que pensabamos!