Tráiler da primeira serie documental de EuFalo.TV sobre os lugares onde (tamén) se fala galego.
Primeiro capítulo da serie documental "En Vigo fálase", onde o Leo i Arremecághona nos presenta unha protagonista excepcional, súa nai Neves, que lle conta a súa historia coa lingua, chea de problemas, e lle explica por que cando era pequeno o tratou de educar en castelán.
Segundo capítulo da nosa serie documental "En Vigo fálase", no que paramos a comer no Mesón Barcelona e imos tomar café cunhas amigas a un piso de estudantes.
Terceira entrega da serie "En Vigo fálase". O Leo i Arremecághona lévanos pasar a tarde ao Berbés para botar a partida.
Os centros sociais son algúns dos lugares onde se xunta a xente nova que fala galego, case un núcleo de resistencia. Visitamos con Leo o Centro Social A Revolta, na rúa Real do casco vello de Vigo. Penúltima entrega da serie "En Vigo fálase".