Álex naceu en Madrid pero leva un tempo vivindo en Morgadáns (Gondomar) e non ten problemas co galego.
En que falan os máis pequenos? En que falabamos nós cando eramos máis novos? Falamos o mesmo na casa que na escola?
Fátima é de Ourense, ten 26 anos e estuda Farmacia en Santiago de Compostela. Cre que se lle tiveran ensinado máis galego na escola agora sería capaz de falar nos dous idiomas.
Pensades que sabedes falar ben? Pois velaquí un profesor que se ofreceu voluntario para quitarvos a soberbia. Axiña publicaremos a súa primeira lección.
Grial Parga enviounos este vídeo no que entrevista as súas sobriñas Xiana (9 anos) e Ánxela (6 anos), que naceron e viven en Lugo.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Mozas e mozos dunha clase e Educación infantil quixeron contarnos en poucas palabras a súa relación coa lingua: en que falan e por que. A maioría son castelán falantes case todo o tempo, e aínda así falan galego estupendamente.