Resultados da busca

Buscando por: "tag:familia", atopáronse 11 videos

Ver todas as categorías

813

Mariluz e Xana

Mariluz é filla de emigrantes e naceu en Londres, pero hai uns anos que vive en Ordes, agora coa súa sobriña Xana.

En Vigo fálase: Neves

Primeiro capítulo da serie documental "En Vigo fálase", onde o Leo i Arremecághona nos presenta unha protagonista excepcional, súa nai Neves, que lle conta a súa historia coa lingua, chea de problemas, e lle explica por que cando era pequeno o tratou de educar en castelán.

123

Xiana e Ánxela

Grial Parga enviounos este vídeo no que entrevista as súas sobriñas Xiana (9 anos) e Ánxela (6 anos), que naceron e viven en Lugo.

Xulia

Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.

926

Gelia e Chicha

Gelia e Chicha son irmás e de Lugo. Son a tía e a nai de Grial Parga, que nos mandou este vídeo despois de enviarnos o das súas sobriñas Xiana e Ánxela. Gelia e Chicha falan, e moito, da súa historia co galego e co castelán.

812

Leo e os seus

Vídeo enviado por Pedro, o pai de Leo: "Aquí vos mando un vídeo cortiño do meu fillo de tres anos e pico falando. Supoño que nuns poucos anos deixará de falar en galego".

Maruja, Gonzalo e Antón

Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.

210

María e Manuel

María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."

48

Carmucha

Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."

57

Lola, Lilas e Raimundo

Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.

45

Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón

Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza