Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Javier Gómez Noya ten 27 anos, é ferrolán e acaba de proclamarse Campión do Mundo de Triatlón. No mesmo día en que lle ofrecía á súa cidade este gran triunfo, falou coa xente de Ferrol con lingua da súa relación co galego, tanto na casa como a nivel internacional.
Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.