José e mais Arcadio viven en Vilalba, e repasan as súas técnicas para ir ás mozas, no idioma que faga falta.
Segundo capítulo da nosa serie documental "En Vigo fálase", no que paramos a comer no Mesón Barcelona e imos tomar café cunhas amigas a un piso de estudantes.
Os centros sociais son algúns dos lugares onde se xunta a xente nova que fala galego, case un núcleo de resistencia. Visitamos con Leo o Centro Social A Revolta, na rúa Real do casco vello de Vigo. Penúltima entrega da serie "En Vigo fálase".
Metémonos nunha das clases de Xornalismo da Universidade, e os estudantes quixeron compartir connosco cadansúa historia lingüística, ao máis puro estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man como nos talk-shows.