Mariluz é filla de emigrantes e naceu en Londres, pero hai uns anos que vive en Ordes, agora coa súa sobriña Xana.
Álex naceu en Madrid pero leva un tempo vivindo en Morgadáns (Gondomar) e non ten problemas co galego.
En que falan os máis pequenos? En que falabamos nós cando eramos máis novos? Falamos o mesmo na casa que na escola?
Grial Parga enviounos este vídeo no que entrevista as súas sobriñas Xiana (9 anos) e Ánxela (6 anos), que naceron e viven en Lugo.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
Vídeo enviado por Pedro, o pai de Leo: "Aquí vos mando un vídeo cortiño do meu fillo de tres anos e pico falando. Supoño que nuns poucos anos deixará de falar en galego".
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"