Nesta sección especial publicamos os vídeos que se presentaron ao concurso 24 horas galego fullscreen organizado por Galegolab.
Vídeo que presentan Raquel e Jenny ao concurso 24 horas gallego full screen. Descrición delas mesmas: a historia está baseada en feitos reais. Conta un día na vida dunha rapaza bielorrusa que traballaba en Galicia sen saber absolutamente nada de castelán e utilizaba unhas poucas frases galegas que dominaba case á perfección.
Vídeo de Roberto Conde para o concurso 24 horas full screen. Tras falecer nun accidente de tráfico, Rubén Prieto ten algúns problemas lingüísticos con san Pedro e, non contento cos requerimentos que lle fan no ceo para poder entrar, decide marchar a outro lado...