Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
43 comentarios, Deixa ti un
Gústalle a 88 persoas
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Eva e Fran son médicos e viven na Coruña. Non falan galego, pero teñen intención de que a súa filla o aprenda.
Ana (27 anos), Carolina (28) e Bea (29) son da Coruña e de Sada e estudan Dereito na Coruña. Recoñecen que nesa cidade o galego si que corre certo risco de desaparecer.
Fátima é de Ourense, ten 26 anos e estuda Farmacia en Santiago de Compostela. Cre que se lle tiveran ensinado máis galego na escola agora sería capaz de falar nos dous idiomas.
José e mais Arcadio viven en Vilalba, e repasan as súas técnicas para ir ás mozas, no idioma que faga falta.
Mariluz é filla de emigrantes e naceu en Londres, pero hai uns anos que vive en Ordes, agora coa súa sobriña Xana.