María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."
2 comentarios, Deixa ti un
Gústalle a 10 persoas
Estas dúas irmás viguesas viven en Copenhague (Estefa) e en Bremen, Alemaña (Vanesa). Xuntáronse para contarnos a súa historia lingüística e como o pasado Nadal decidiron que ían falar galego.
15 comentarios, Deixa ti un
Gústalle a 23 persoas
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."
Dende Asifalo.eu chéganos esta mensaxe institucional ao pobo galego no Día das Letras Galegas
Onde se explica cal é o uso correco da palabra "rato", e como algunhas acepcións que se escoitan por aí fan que a saúde mental do noso profesor corra serio perigo.
Vídeo enviado por Pedro, o pai de Leo: "Aquí vos mando un vídeo cortiño do meu fillo de tres anos e pico falando. Supoño que nuns poucos anos deixará de falar en galego".
Gelia e Chicha son irmás e de Lugo. Son a tía e a nai de Grial Parga, que nos mandou este vídeo despois de enviarnos o das súas sobriñas Xiana e Ánxela. Gelia e Chicha falan, e moito, da súa historia co galego e co castelán.
A primeira lección do noso curso tratará unha palabra que non sempre se usa como debera. Abride ben as orellas para aprender a usar como dior manda o verbo berrar.
Grial Parga enviounos este vídeo no que entrevista as súas sobriñas Xiana (9 anos) e Ánxela (6 anos), que naceron e viven en Lugo.
Pensades que sabedes falar ben? Pois velaquí un profesor que se ofreceu voluntario para quitarvos a soberbia. Axiña publicaremos a súa primeira lección.
Clara e Digna viven en Carboeiro, e opinando sobre o galego fan ben honor aos seus nomes.
Álex naceu en Madrid pero leva un tempo vivindo en Morgadáns (Gondomar) e non ten problemas co galego.