Benvida, benvido a EuFalo.TV. Isto é un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. Levamos uns meses a percorrer Galicia buscando historias de xente que fala. No que pode, no que sabe, no que lle peta ou dá a gana. Todo o mundo ten unha historia coa lingua. Cal é a túa?
Nesta sección especial publicamos os vídeos que se presentaron ao concurso 24 horas galego fullscreen organizado por Galegolab. | Máis vídeos nesta categoría
Vídeo que presentan Raquel e Jenny ao concurso 24 horas gallego full screen. Descrición delas mesmas: a historia está baseada en feitos reais. Conta un día na vida dunha rapaza bielorrusa que traballaba en Galicia sen saber absolutamente nada de castelán e utilizaba unhas poucas frases galegas que dominaba case á perfección.
Vídeo de Roberto Conde para o concurso 24 horas full screen. Tras falecer nun accidente de tráfico, Rubén Prieto ten algúns problemas lingüísticos con san Pedro e, non contento cos requerimentos que lle fan no ceo para poder entrar, decide marchar a outro lado...
Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.