Benvida, benvido a EuFalo.TV. Isto é un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. Levamos uns meses a percorrer Galicia buscando historias de xente que fala. No que pode, no que sabe, no que lle peta ou dá a gana. Todo o mundo ten unha historia coa lingua. Cal é a túa?

Eufalo.TV

Xeografía da lingua, por capítulos | Máis vídeos nesta categoría


30
29 de xuño | Aquí fálase

En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.


43
29 de xuño | Aquí fálase

En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.


34
16 de maio | Aquí fálase

En UK fálase: Jason

Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.


412
24 de decembro | Aquí fálase

Na Coruña fálase: De compras

Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.

Na Coruña fálase: o tráiler

Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.

15 de marzo
Eufalo.TV, finalista nos premios Mestre Mateo 2010 na categoría de obra interactiva. Grazas á Academia por votarnos!
25 de febreiro
Xa están aquí os vídeos participantes no concurso 24 horas galego fullscreen, promovido por Galegolab.
23 de setembro
Falando de EuFalo en Proxecta (Fac. Ciencias da Comunicación, USC)
23 de xuño
24 Horas Galego Fullscreen é o primeiro concurso de vídeo de Eufalo.TV, en colaboración con Galegolab. 300 euros de premio!
Esta web é un produto de
A Navalla Suíza