Benvida, benvido a EuFalo.TV. Isto é un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. Levamos uns meses a percorrer Galicia buscando historias de xente que fala. No que pode, no que sabe, no que lle peta ou dá a gana. Todo o mundo ten unha historia coa lingua. Cal é a túa?
Historias en primeira persoa do singular | Máis vídeos nesta categoría
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.