Benvida, benvido a EuFalo.TV. Isto é un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. Levamos uns meses a percorrer Galicia buscando historias de xente que fala. No que pode, no que sabe, no que lle peta ou dá a gana. Todo o mundo ten unha historia coa lingua. Cal é a túa?
Historias e opinións colectivas | Máis vídeos nesta categoría
Metémonos nunha das clases de Xornalismo da Universidade, e os estudantes quixeron compartir connosco cadansúa historia lingüística, ao máis puro estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man como nos talk-shows.
Achegámonos ata os exames do Celga en Santiago para falar con algunhas das persoas que se presentan para obter este certificado.
En que falan os máis pequenos? En que falabamos nós cando eramos máis novos? Falamos o mesmo na casa que na escola?
Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.