Benvida, benvido a EuFalo.TV. Isto é un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. Levamos uns meses a percorrer Galicia buscando historias de xente que fala. No que pode, no que sabe, no que lle peta ou dá a gana. Todo o mundo ten unha historia coa lingua. Cal é a túa?
As historias que ti nos mandas | Máis vídeos nesta categoría
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."
Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.