Benvida, benvido a EuFalo.TV. Isto é un documental colaborativo sobre a lingua e os falantes. Levamos uns meses a percorrer Galicia buscando historias de xente que fala. No que pode, no que sabe, no que lle peta ou dá a gana. Todo o mundo ten unha historia coa lingua. Cal é a túa?

Eufalo.TV
11 de agosto | Ti falas

Lola, Lilas e Raimundo

Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.

3 comentarios, Deixa ti un

Gústalle a 5 persoas, A ti tamén?

Na Coruña fálase: o tráiler

Proximamente nas súas pantallas unha viaxe a un mundo misterioso e descoñecido, ou se cadra tampouco tanto. Percorremos con Isabel Risco a Coruña que fala galego.

23 de xuño
24 Horas Galego Fullscreen é o primeiro concurso de vídeo de Eufalo.TV, en colaboración con Galegolab. 300 euros de premio!
9 de xuño
Por diversas ocupacións levamos máis días dos habituais sen publicar novos vídeos, pero mañá mesmo volvemos á carga. Seguide atentas/os ás pantallas!
28 de maio
Presentamos hoxe venres Eufalo.TV no Centro Social Mádia Leva! de Lugo
19 de maio
E hoxe tamén presentamos Eufalo un pouco máis lonxe, en Aberystwyth (Gales), nun congreso sobre Media Convergence and Minority Languages.
Esta web é un produto de
A Navalla Suíza