Ana, Carolina e Bea

Ana (27 anos), Carolina (28) e Bea (29) son da Coruña e de Sada e estudan Dereito na Coruña. Recoñecen que nesa cidade o galego si que corre certo risco de desaparecer.

20 comentarios

Alberte Alonso Pereira

Alberte Alonso Pereira

5 de febreiro

Esta é a realidade, que desgracia nos cubre.

Raquel de Penas

Raquel de Penas

6 de febreiro

"Hablar, hablo el gallego de la escuela, el supuestamente normalizado"? Oxalá! Canto traballo queda por facer e cantos prexuízos por derrubar...

Monte Pituco

Monte Pituco

6 de febreiro

Que falta de compromiso!

Xose Rodriguez

Xose Rodriguez

6 de febreiro

É moi interesante o que din, e a linha de pensamento que expresan cheas de prexuízos... "no se sentían integradas por hablar gallego" e con todo "apoyar a las dos lenguas por igual"... antropoloxicamente son incríbeis, sabía que existía, pero velo así grabado da arrepíos.

da algo de pena ver esta entrevista... pero dician que o galego non ia desaparecer porque é algo "noso"; se o sinten propio da nosa cultura o primeiro que deberian facer e falalo e comper cos prexuizos

carlos varela barreiro

carlos varela barreiro

7 de febreiro

na coruña, somos moitos os que falamos galego,moitos, pero os castelan falantes non fan nin un minimo esforzo por achegarse a lingua da terra na que viven e que lles da sustento e alimento. Son eternos aspirantes a madrileños e "modelnos", pero nunca, nunca poden ocultar a sua orixe. Penso que se é un renegado do propio para abrazar grandezas alleas.

Paulo Macan

Paulo Macan

7 de febreiro

Home, hai que recoñecer que a entrevista esta deixa ben claro que a Coruña é unha cidade onde se ten feito moito traballo contra o galego.

Contrasta moito a visión que teñen estas 3 rapazas en relación a presenza do galego nesta cidade fronte ao que ven en Compostela. A adminstración local fixo moito dano e os cambios son moi lentos.

Por outra banda, teñen unha visión bastante chea de perxuizos... diría que até contra as súas propias orixes -véxase o caso da avoa da rapaza da direita-. Triste realidade ao falarmos de universitarios. Ademais semella que non andan moito polo resto de Galiza.

Tamén penso que estas rapazas só representan un tipo de segmento da cidadanía coruñesa, so aplicable ao centro e non tanto ao diversos barrios por onde non deben andar moito. Neles haiche esa outra realidade, grande, ben diferente e moito máis plural do que estas estudantes reflicten.

Hai que ir rompendo esa imaxe pijotera que se lle asocia á Coruña (digoo tamén para os que a miran dende fóra dela)... pois non axuda nada a que a xente que dubida e que ten "medo"... se solte a lingua e recupere a fala dos seus pais.

Eu son dos que fun estudar a outra cidade galega e foi así como decidín dar o cambio... non me foi tan mal.

Paula Ceive

Paula Ceive

7 de febreiro

conheço muitissimas pessoas que nom forom educadas em galego e que o falam igualmente mas claro é um esforço que nom todo o mundo está disposto a fazer, o autoodio é o que tem.
Por certo para nom saber fala-lo vaia sotaque vos gastades.

Gamela

Gamela

7 de febreiro

Paréceme un documento moi valioso no sentido de que é real coma a vida mesma!
* una materia que es obligatoria y que puntúa
* en Coruña no hay pasión por el gallego
* aunque se reniegue lo seguimos considerando algo nuestro
* de una forma natural, no imponer ni uno ni otro, fomentar los dos por igual

Penso que deberamos escoitar con atención o que está a dicirnos estas tres rapazas... e ata hoxe a persoa que mellor traduce esta situación da lingua na Coruña é Goretti Sanmartín cando afirma que non é cuestión de andar a fixarnos no que falan o deixan de falar os demáis... o paso decisivo é, segundo ela, INSTALARMONOS EN GALEGO (iso é a paixón que bota en falla a rapaza da dereita... e o que andan a percurar as outras dúas cando afirman que pasados os primeiros minutos da conversa poderían cambiar o chip). Se os que se manifestan nas rúas non tivesen na cachola gañar ou perder posicións políticas, e vivisen "en galego" seguramente teríamos feito moito máis pola lingua do que algúns pensan facer con "cruzadas galeguizadoras" que sempre excluirán a aqueles que non o falan ou que cústalles máis (por diversos motivos) instalarse en galego.

Este é un bo documento para pensar o que temos por diante se queremos recuperar para a lingua galega a toda unha xeración marcada pola lingua galega escolar (é obrigatoria e puntúa!) mentres ninguén as quixo en galego, ou ninguén as fixo rir en galego... Ese é o camiño que temos por diante para a nosa lingua.

Instalarmonos en galego independentemente do que falen os demáis.

Carlos Rguez

Carlos Rguez

8 de febreiro

"El que venía de la aldea hablaba en gallego y era el paleto" Que pena!

David Paz Nóvoa

David Paz Nóvoa

9 de febreiro

Unhas rapazas moi agradables que curiosamente non se ven a si mesmas con prexuízos. Pero teñen un carro deles: "Si te viene un alemán y le hablas en gallego le haces la judiada". Amiga, se ven un alemán seguramente tanto lle teña que lle fales galego ou castelán porque probablemente non entenderá nada, nin notará a diferenza. Ou acaso se nós imos a Lübeck (Alemaña) nos cambia moito se nos falan en alemán ou en frisón?

A vella e repetida idea de que o galego non vale para nada, debe de ser a irmá bastarda de todas as linguas románicas que non merece que a coloquemos xunto ao francés, italiano, portugués, etc.

Sak

Sak

9 de febreiro

Boísimo o vídeo. Moi agradecido ás rapazas pola sinceridade, é o que pensa moita xente. Impresionante como autodesmontaron a liberdade de escolla en 5 segundos despois de defendela. Eu este vídeo poñíao todos os días das letas galegas no telexornal, non querer velo é enganarse.

W. Sobchak

W. Sobchak

9 de febreiro

Concordo con Sak en que temos que asumir que as opinións destas raparigas están moi estendidas na sociedade galega. Hai que asumir a situación.

Por outra banda fascíname (algo que xa teño vivido en primeira persoa) como persoas castelanfalantes que non fai nin o mais mínimo esforzo por falar algunha vez galego, negan rotundamente a posibilidade de que o galego desapareza

Martuxa

Martuxa

12 de febreiro

"Impresionante como autodesmontaron a liberdade de escolla en 5 segundos despois de defendela. Eu este vídeo poñíao todos os días das letas galegas no telexornal, non querer velo é enganarse." Xenial parágrafo, Sak.



Non quero repetirme, e estou dacordo con todo o que escribiron os comentaristas deste magnífico documento visual, máis o feito de que eu estudase nesa facultade, e estivese moitas veces sentada nesas bancadas, fai que os dedos se movan sós polo teclado...así que a ver qué contan:



Ao longo da carreira, cinco dos meus profesores, falaron sempre en galego (e debín ter uns 15 diferentes, así que non non está tan mal a cousa, contando con que no resto das facultades, non hai case ningún que o faga, e que de case 200 alumnos que compoñíamos o meu curso, 4 falabamos galego, e deses catro, dous tornaban a lingua cando algún profesor se lles dirixía en castelán, de aí ben, supoño, que cando nunha asignatura ofertaron o exame en galego e en castelán, tan só dúas persoas escollemos a opción galega).



De feito, profesor meu foi un coñecido parlamentario do BNG, que impartía clase xunto cunha excelente persoa, da que non lembro o nome, pero que falaba galego tamén, e teño que dicir, tristemente, que moita xente que coñezo, cambiou de turno só para que non lles desen clase, porque "es en gallego, joder, y ni dios lo entiende, de qué van? que les jodan por ir de nacionalistas". Isto é verídico.

Iso sí, tamén hai que dicir que as mozas non son parvas, porque ás clases doutro dos profesores, que en ocasións chegaba a introducir palabras en reintegracionado!!!!, ían sen faltar a unha soa, porque "el profe no te tendrá más de 30 y está cañón...por donde salirá esta noche?".

E velaí a realidade da miña xeración.



En canto puiden fuxín dalí, e agora vivo moi agustiño entre Lugo e Santiago.



Non podo rematar sen dicir, que a pesares do dito, nunca me sentín excluída por ninguén na Coruña,polo uso do idioma, todo o contrario, e algúns "incluso" facían o esforzo de mudar do castelán ao galego para dirixirse a min.

ghanito

ghanito

5 de marzo

Eu, cando vivía en Vigo tiña a mesma idea sobre A Coruña que estas rapazas, porén vivindo aquí descubrín que hai moita mais xente galegofalante do que estas rapazas pensan.

E xa o dixo algún, a rapaza que di que non é galega ten un sotaque que custa crerlle.

Eu Falo

Eu Falo

15 de marzo

O comentario que había aquí (autor: K. Gregorovius) foi retirado, pois contraviña as normas de uso deste taboleiro: http://eufalo.tv/axuda/ollino/

Amólanos moito ter que borrar comentarios, pero as normas foron postas polos administradores de Eufalo.TV, así que temos que ser os primeiros en cumprilas. Esperamos non ter que facelo máis.

Atentamente,

O equipo de Eufalo.TV

Lano Costoya Meixide

Lano Costoya Meixide

19 de marzo

hostia
eu studo aì, a peqecha rubia tem ido nalgumha clase comigo...( o d q ll fala á avoa em português.....miña pobre!!, habia q ver-a!!)
a situaciom do galego nesa facultade en concreto e na cruña em xeral é lamentabel....nesa facultade calculo q o 5 % ou asi falaremos galego e dos profesores,,, q eu recorde só um falaba galego... habia algum outro q s ll respondias ou ias falar com el em galego trocaba a lingua...pero mais alá diso....facendo a comparanza coa facultade de stgo onde tamén cursei , a d stgo non sae moito mais favorecida......o alumnado falaba abrumadoramente galego... quizais o 10 % falariamos galego... pero iso si estabamos mais politizados, e os CAF gañabamos case todas as eleccions ás xuntas. os q falabamos galego na facu, case todos eramos dos CAF.... ao respeito á institucion e profesorado si cambia, en stgo, sobre o 40 % falaba e impartia em galego......
penso q umha das rapazas definiu a situacion bastante bem: som fillas dumha xeracion q naceu nos 50-60, coma primeira xeracion falando castellano, q identificaba ao galego co seu pasado máis inmediato= a aldea, as penalidades, a pobreza...logo ao trocaren de vida trocan tamen de lingua. renegan do seu pasado mariñeiro-gandeiro coma renegan da súa lingua... esa xeracion medrou e tivo fillos e stes educou-os, claro en castellano: som estas rapazotas, q non teñen esa xenreira xa pola lingua, pero q lles qeda mais lonxe, e requiriria umha paixom q non todos teñen pra recuperar-a... o obxetivo pra min non som elas, se non os fillos delas, en q sociedade van ser educadas,hai q re-galizar a umha nova xeracion, a q recupere a linga dos seus avós e bisavós...pero pra iso require-se o a apoio d toda umha sociedade e todos os partidos politicos, coma obxetivo de país, non de partido.

mar

mar

20 de marzo

Non me casa esa mentalidade con ese !!!! asentasssoo !!!!..
sobre todo a ""estranxeira..""

Conversas Galegas

Conversas Galegas

26 de marzo

Obviamente estas mozas non son responsables absolutas de descoñeceren o galego e de non o usaren, mais son a demostración de que nestes 30 anos non se fixeron as cousas ben nas zonas urbanas.

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

5 de febreiro | Eu falo

Ana, Carolina e Bea

Ana (27 anos), Carolina (28) e Bea (29) son da Coruña e de Sada e estudan Dereito na Coruña. Recoñecen que nesa cidade o galego si que corre certo risco de desaparecer.

Gústalle a 19 persoas

Berto YáñezmourulloPatricia GuillametJulian AsSapoconchogz Sapoconchobelén regueiraPaula Francos AnlloGamelaMaría YáñezMónica AresGala GonzálezSakSonia DíazManu MayouveicRomán LandínCésar Márquez CoiradasJosep CañasCastelaogz Rodríguez Castelao

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Eu falo

En UK fálase: Ness

Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.

Maruja, Gonzalo e Antón

Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.

Carlos e Zeus

Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.

Xulia

Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza