Asifalo.eu: Os pronomes

A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.

15 comentarios

Oscar Otero

Oscar Otero

18 de marzo

Gustacheme ben

Stf Rguez

Stf Rguez

18 de marzo

son de deus coma todos, ¡que se lle vai facer! XD ¡encantoume!

Matías Tarrío

Matías Tarrío

18 de marzo

Libertá! Libertá! Si si si, queremos elegir!

Pablo Oubiña

Pablo Oubiña

18 de marzo

Rín ben!!!

Moi bon, cho digo eu!! XD

caralladas

caralladas

19 de marzo

Redios, pero eiqui hai(che) xente que fai verdadeiras virguerias có video!!

Manu Mayo

Manu Mayo

20 de marzo

Tres motivos para non facerlles caso a estes “conas”, fillos de Caín:

http://quin.tv/video/contra-a-division-entre-os-que-falan-galego-e-os-q
http://www.youtube.com/watch?v=0xi3t_FZ6YU&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=Tq-OPl3SStI

O galego é de todos: neofalantes, cantantes, políticos (tamén do PP); e non é patrimonio exclusivo nin parcela de ninguén. Os que así o consideran son os primeiros en matalo porque distánciano do uso común.
Vivan os que falan e escriben mal o galego porque sempre haberá un bo amigo para corrixilo; ou unha empresa (de construción ou non) que lle pague a un lingüista que teña tempo de revisar unha norma que muda cada 6 meses.
Viva o mal falante... que viva o idioma interior!

Vexo que aínda continúan a por cousas interesantes de vez en cando aquí, a ver se volve coller forza a web. E so un apunte por tocar o carallo, a norma mudou desde principios dos 80 2 veces e media, cambios que caiben nunha cara dun folio, pola contra o castellano cambiou 2 veces en menos tempo e ninguén protestou nin o pon como argumento pra expresar prexuizos.

Manu Mayo

Manu Mayo

21 de marzo

“Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria”.
Epitafio de Lois Pereiro

O galego xa morreu en mans dos seus propios e naturais usuarios porque non fomos quen de seducir nin a nosos propios fillos para evitalo.

Eu era usuario de Mistol ata que, pola crise, tiven que comezar a usar xabrón Lagarto; e descubrin que lavaba mellor, contaminaba menos e, o máis importante, deixaba mellor as mans. Pero metinme na páxina de euLavo.tv e resulta que había un ghicho que me criticaba por ser neousuraio de Lagarto (ou pareceumo a min). Asusteime polo sarcasmo do ghicho e comecei a usar o Lagarto ocasionalmente, por nostalxia, e na miña hixiene íntima as agochadas.

Oli Ver

Oli Ver

23 de marzo

Manu Mayo, nom quigera ofender-te, mas..
1) o galego é de quem o cuida, como a terra é de quem a trabalha
2) a norma RAG do galego mudou 2 vezes em 30 anos. A do Espanhol umhas poucas mais. Aliás, as mudanças introducidas na norma RAG foram simplesmente de preferência e nom de mudança total.
3) quem mata o galego es ti e a gente coma ti, que no canto de aceitar as críticas resposta com "a miña abuela dice asi detodalavida".
4) gostaria de te ouvir dizendo do castelhano "viva el andaluz que dice 'quillo esha pallá cohone'" (dialectalizaçom) ou do panamenho que diz "wey le phoné y me colgó, el modafoca, le voy a cut las weels de su car" (castrapo castelhano-inglês, ao mesmo nível que "meu abuelo cruzou a calle para ir á pescaderia").

Manu Mayo

Manu Mayo

23 de marzo

O gran Leo e Arremecaghoná coma sempre botando luz sobre temas espiñentos.
http://www.vimeo.com/21254827
Oli non che entendo un chispín, pásate por algún parque con nenos e xa me dirás cal é o futuro do galego. Diso falo e non de normas, diso seguro sabedes vós máis... Saudiña.

Sak

Sak

25 de abril

Boísimo!! Entre tanto erro cos pronomes os paleofalantes sentímonos fósiles :P

Este vídeo xa ten un par de anos e os comentarios que seguen tamén xa son de fai un tempo e eu chego aquí, hoxe, coma un arqueólogo que atopa uns restos de fai moito pero que non pode refrea-la ansiedade por participar deles e debo dicir algo: 1. O video paréceme caralludo!
2. Manu, permíteme que, sen coñecerte de nada, faga unha corrección respecto da túa primeira entrada: a normativa do galego muda tanto coma a de calquera outra lingua con oficialidade no mundo e só quen ve ó galego coma unha lingua de segunda que non serve para tódolos ámbitos da vida e que só é útil para comunicarse no rural galego, pode amosarse incómodo por un cambio na normativa. Por outra parte, a perfecta colocación do pronome átono é algo que non se modificou con ningunha normativa e é un rasgo moi distintivo por certo, pois non se colocan dese xeito nas linguas veciñas coma o portugués ou o castelán. Os meus pais e os meus avós xamáis aprenderon galego na escola e como consecuencia diso, o seu galego tiña moitas interferencias da única lingua admitida nese momento, como ben saberás, pero nunca colocaron un pronome mal, cousa que por certo si fixeches ti nesa primeira intervención. Eu falo na miña casa un galego cheo de castelanismos (vocabulario específico basicamente) pero nunca coloquei mal un pronome nin usei verbos compostos como tamén lle oín por aí a alguén (mesmo a unha profesora na facultade), e por suposto, falo e escribo correctamente o galego no resto dos demais ámbitos da vida coma no científico. Gustaríame verte dici-lo mesmo dos continuos cambios de normativa do castelán e expoñer a viva voz que ti falas o castelán que che peta e que non pensas escribir nin falar como manda a norma desa lingua. Pero non, claro, o castelán é unha lingua de primeira non si Manu?

Manu Mayo

Manu Mayo

17 de outubro

Querido Zalo:
Está ben que critiques como coloco eu os pronomes e non comentes nada da escrita de Oli Ver.
O que eu quería dicir dos meus queridos amigos e compañeiros de traballo, MOS e MATÍAS, e que non axuda nada ao problema lingüistico criticar a alguén coma Anxo Quintana, que pese aos erros (incluido o de colocar mal algún pronome) foi alguén que tratou de traballar por Galicia ata que finalmente o noso autoodio secular o colocou na picota, desde fora e dentro do seu propio partido. Hoxe xente coma Oli, e moitos mozos queren ser portugueses porque decidiron desistir do panorama que temos aquí. Normal.
Somos un pobo abocado ao exterminio... como este foro.
Y no tengo nada más que dicir.

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

17 de marzo | Ti falas

Asifalo.eu: Os pronomes

A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.

Tags: asifalo.eu

Gústalle a 15 persoas

María YáñezOscar OteronoloStf Rguezbelén regueiraManu MayocaralladasReidotoxouveicIolandaPablo OubiñaSakMiguel CaamañoIsabel Mª Barcón SotoRosa María Fernández Calvo

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Ti falas

Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón

Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"

Lola, Lilas e Raimundo

Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.

Carmucha

Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."

María e Manuel

María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza