Pensades que sabedes falar ben? Pois velaquí un profesor que se ofreceu voluntario para quitarvos a soberbia. Axiña publicaremos a súa primeira lección.
Isto promete. Xa estou desexando ver a primeira clase.
Imaxinación ó poder!!
Windows 98 si que molaba...
pois máis có windows Vista segurirmo.
pfff.....e o polo de John Deere que? Ninguén aprecia o bo vestir...ou que?
Tiñas que poñer a típica visera (viseira?) para que se aprezase mellor, porque no niki non se vé moi ben...
Eu ás "viseras" chámolles puchas, se che serve de algo :)
seguro k si
os de windows vista home premiun non traen nin paint
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Pensades que sabedes falar ben? Pois velaquí un profesor que se ofreceu voluntario para quitarvos a soberbia. Axiña publicaremos a súa primeira lección.
Código para o teu blog
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."