Ben é de Manchester e estuda galego dende hai tres anos no Centro de Estudos Galegos de Oxford. Para que lle é útil a nosa lingua? Saberémolo ao final do vídeo. ;)
ben falado...
pois si que impresiona, si.
manda truco!!
Noraboa porque falas o galego moi ben, enriba tes acento :)
jasús, se os galegos falásemos a metade de ben inglés ca el galego... perdón, se moitos neste país falasen tan ben galego coma el....
asi da gusto, de fora viran que...
Pero se eu vou en 1º de Bacharelato e o 80% non fala nin a metade de ben que este rapaz.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Ben é de Manchester e estuda galego dende hai tres anos no Centro de Estudos Galegos de Oxford. Para que lle é útil a nosa lingua? Saberémolo ao final do vídeo. ;)
Código para o teu blog
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.
Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.
Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.
Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.