Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Momentos imperdibles: minuto 8, cando Carmen explica porque cre que a xuventude galega fala cada vez menos galego (non se pode dicir máis claro nen máis sentido); e cara o final do video, minuto 14, cando explican porque as súas fillas falan castelán malia ser educadas en galego na casa e na escola.
Gustoume moito! ogallá teñades razón, e esa fermosa nena acabe falando galego, que con uns pais así seguro que o falará.
¡Que escándalo! Está aprendiendo a hablar en la otra lengua oficial de Galicia, además de! Eso no debería pasar, no dbería aprender a hablar en español. Y para ejemplificar el doble rasero, pongamos: "A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% castelanfalantes, e de falarlles aos seus fillos en castelán, os rapaces están aprendendo a falar en galego. Por qué?"
Non se poden ver os vídeos.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Descargar o arquivo MP4
160 MB
Código para o teu blog
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."
María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."