Cath Müller ten 26 anos, estuda filoloxía inglesa e é alemá, pero leva 3 anos vivindo en Bastiagueiro. Cando veu vivir aquí decidiu aprender a falar en galego sen ter moita idea de falar en castelán.
Noraboa por falar galego tan ben pese as adversidades, demostras unha gran vontade por adaptarte ao país no que vives, e un gran respeto pola nosa cultura.
Coma sempre, os de fóra dándonos clase de respeito polo noso.
Catharina, es un sol!
¡parabéns! que marabilla escoitarte :)
Supoño que é a mesma Catharina que foi nas listas do BNG ao concello de Oleiros a pouco de chegar a Galicia
Con naturalidade, sen complexos
que pasada!
Grande Cath!!!
Catharina ten razón: o galego normalizado é correcto, e o galego aprendido na casa tamén é bo galego! :-D
Da gusto escoitarte falar con tanta naturalidade, en so 3 anos... alucino
Que claras son as cousas para as persoas que non teñen prexuízos. Grazas Cath
Eu de maior quero ser coma ti!
Moitas gracias desde a emigracion!
Joder estamos en Galicia joder!!! unha pasada esta rapaza, parabens polo espirito aberto. moito que aprender doutros europeos.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Cath Müller ten 26 anos, estuda filoloxía inglesa e é alemá, pero leva 3 anos vivindo en Bastiagueiro. Cando veu vivir aquí decidiu aprender a falar en galego sen ter moita idea de falar en castelán.
Vídeo enviado polos seus amigos Juan Ignacio Márquez Barros e Brais García Fernandez.
Código para o teu blog
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."