En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

4 comentarios

Alex As

Alex As

29 de xuño

"O galego ten que ter a autoconfianza como para dicir si, son galego e falo galego sempre."
Aí falaches, Katja. Ogalhá todos os galegos e galegas foran coma ti. Un bico dende Vigo.

Mónica Ares

Mónica Ares

9 de xullo

é incrible, algunhas con 6 meses mirade como falan (sendo de fóra)

Mónica Ares

Mónica Ares

9 de xullo

con nove meses, perdón, pero aínda así quedo abraiadírma

Ramon Rocamonde

Ramon Rocamonde

20 de abril

Completamente de acordo. Só hai xente de aquí que ten prexuízos, os de fóra non os teñen; exemplos coma o de Katja poden facer reflexionar a máis dun.

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

29 de xuño | Aquí fálase

En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

Gústalle a 3 persoas

ifritUxio Pazos MirasIago Pillado Losada

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Aquí fálase

En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.

En UK fálase: Jason

Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.

Na Coruña fálase: De compras

Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.

Na Coruña fálase: Na praia

A Coruña apanda co mito de ser unha cidade na que non se fala galego, pero nesta serie e da man de Isabel Risco imos tentar derrubalo. Comezamos o noso experimento unha mañá de inverno na praia de Riazor, preguntándonos canto tardariamos en atopar un galegofalante entre a xente que paseaba por alí. E atopamos unha, e outro, e outros dous... moitos máis dos que pensabamos!

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza