En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.

3 comentarios

Maria Crespo Resua

Maria Crespo Resua

2 de setembro

Hai moita xente que non e GALEGA e fala o Galego moi ben,ademais de gustarlle, non asi os galegos que ahora esta de moda falar o castelan.Non deixemos que se perda.

Ramon Rocamonde

Ramon Rocamonde

20 de abril

Os meus parabéns a Rosmarie polo ben que fala. Un exemplo magnífico para xente de nós á que lle resulta "difícil".

Xulia Rodríguez Abella

Xulia Rodríguez Abella

11 de xaneiro

Parabéns Rosmarie! Querer é poder e as linguas sempre abren moitas portas, cada día máis con persoas coma ti!

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

29 de xuño | Aquí fálase

En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Aquí fálase

En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

En UK fálase: Jason

Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.

Na Coruña fálase: De compras

Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.

Na Coruña fálase: Na praia

A Coruña apanda co mito de ser unha cidade na que non se fala galego, pero nesta serie e da man de Isabel Risco imos tentar derrubalo. Comezamos o noso experimento unha mañá de inverno na praia de Riazor, preguntándonos canto tardariamos en atopar un galegofalante entre a xente que paseaba por alí. E atopamos unha, e outro, e outros dous... moitos máis dos que pensabamos!

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza