En Ferrol fálase: Antonio

Desde a web Ferrol con lingua envíannos unha entrevista feita ao xerente do Racing de Ferrol, Antonio Aneiros: "Antonio cóntanos que se fala no campo de xogo, no mundo do deporte, na cidade de Ferrol. Escoitamos unha historia que chega desde a dilatada experiencia dun home que nos engancha coa súa actividade e dinamismo".

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

25 de xuño | Aquí fálase

En Ferrol fálase: Antonio

Desde a web Ferrol con lingua envíannos unha entrevista feita ao xerente do Racing de Ferrol, Antonio Aneiros: "Antonio cóntanos que se fala no campo de xogo, no mundo do deporte, na cidade de Ferrol. Escoitamos unha historia que chega desde a dilatada experiencia dun home que nos engancha coa súa actividade e dinamismo".

Que se fala entre balóns de fútbol: galego, castelán, portugués, inglés...Quen poñerá de moda a lingua no deporte: quen adestra, quen preside, os xogares, os seareiros...?

Gústalle a 6 persoas

ferrolconlingua.comMaría YáñezLara Rozados LorenzoMatías TarríoVixíaSuso Mon

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Aquí fálase

En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.

En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

En UK fálase: Jason

Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.

Na Coruña fálase: De compras

Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza