Javier Gómez Noya ten 27 anos, é ferrolán e acaba de proclamarse Campión do Mundo de Triatlón. No mesmo día en que lle ofrecía á súa cidade este gran triunfo, falou coa xente de Ferrol con lingua da súa relación co galego, tanto na casa como a nivel internacional.
"o idioma é unha maneira de sentir que estás na casa" :-) (coma case sempre, os mellores tratados de sociolingüística non están nos libros...)
Canto podían aprender deste campión outros deportistas de Galicia.
ENOOOOOORMEEEE!!!!!!!!!!!
Bravo Campión!! Canto bó fai algo así pola língua galega. Parabéns.
Un campión do mundo de triatlon que colabora desinteresadamente co Cazador de Palabras e con EuFalo. Pensemos noutras disciplinas....(piragüismo, ciclismo, fútbol)...
Unha boa iniciativa. Grazas. E grazas tamén a Javier Gómez Noya.
mui bom!
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Javier Gómez Noya ten 27 anos, é ferrolán e acaba de proclamarse Campión do Mundo de Triatlón. No mesmo día en que lle ofrecía á súa cidade este gran triunfo, falou coa xente de Ferrol con lingua da súa relación co galego, tanto na casa como a nivel internacional.
Código para o teu blog
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.
Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.
Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.
Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.