Neda York é un grupo de rapaces de Neda que fan música e participaron no festival "A mocidade coa lingua", que organiza o Concello de Ferrol.
Esa camiseta de Heredeiros!
Escribe aquí o teu comentario
Deus, así, a primeira vista pensei que era a túa irmá pequena, María Yáñez! Xa pensei lles andabas metendo cousas raras na cabeza ós rapaces. ;)
Pero tocades todos no mesmo grupo!!?? Vaia grupazo, nenos!!! Sóde-la esperanza, sabédelo non?
Hola ! (: Son Raquel, a rapaza que fala ao principio de todo. Si, tocamos toodos no mesmo grupo, turnámonos jeje
Bueno, temos unha canción propia, déixovos aqui o link:
http://www.musicaula.com/index.php?keyword=neda+york&search=buscar&option=com_find
Biquiños ! (:
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Neda York é un grupo de rapaces de Neda que fan música e participaron no festival "A mocidade coa lingua", que organiza o Concello de Ferrol.
Código para o teu blog
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.
Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.
Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.
Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.