En UK fálase: Michael

Michael é inglés, da mesma vila onde naceu Shakespeare. Estudou galego na Universidade os tres últimos anos, pero nunca estivo en Galicia. O vídeo foi gravado no Centro de Estudos Galegos de Birmingham por Séchu Sende.

4 comentarios

Fran Diéguez

Fran Diéguez

16 de novembro

A verdade é que fala bastante ben. Só lle falta soltura pero iso é só práctica

Pablo Cid Alonso

Pablo Cid Alonso

16 de novembro

Congrats Michael! if you need to practice your galician we are a few here in London. Thank you very much because people like you is helping our language to be known around the globe ;-)

Manu Mayo

Manu Mayo

6 de decembro

"A nosa lingua". É nosa na medida que lle damos uso común. Hai moitos mozos en Galicia, a meirande parte, que son "menos galegos" que Michael. Ao mellor xa gañaron a guerra, e só quedan pequenas batallas por librar. Michael é unha trincheira.

isabel Risco Valdivieso

isabel Risco Valdivieso

14 de xaneiro

Mimá Michael flipo mazo! Algo incrible saber e coñecer e poder escoitar o que di desde o Rein Unido. Semella que fora teñen mási respecto por nos que mesmo dentro; o que pode levar a pensar que se cadra temos un problema mental colectivo. graZas a Michael pola sua prespectiva e por axudar a manter viva a nosa lingua, que por algunha razón inexplicabel ou doutra galaxia, ten unha especie de condena

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

16 de novembro | Aquí fálase

En UK fálase: Michael

Michael é inglés, da mesma vila onde naceu Shakespeare. Estudou galego na Universidade os tres últimos anos, pero nunca estivo en Galicia. O vídeo foi gravado no Centro de Estudos Galegos de Birmingham por Séchu Sende.

Gústalle a 10 persoas

María YáñezXose manuel Goris CuiñaStf RguezIván Gómez BlancoManu MayoUxio Pazos Mirasisabel Risco ValdiviesoEva Wojkiewicz (Catiúsca)AbrilAbril

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Aquí fálase

En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.

En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

En UK fálase: Jason

Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.

Na Coruña fálase: De compras

Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza