Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Levaba agardando por este video desde que se gravou!
Que ben fala a miña Ness :)
É estupendo. Ness, es xenial. Emocioneime ao ver a unha inglesa falar así de ben a miña lingua. Nacín en Inglaterra, mais vivín toda a miña vida en Galiza e isto proba para mín moitas cousas. Grazas por facer este vídeo.
que lindo Ness! E ademais outro tratado de sociolingüística, de balde...
Unha rapaza de Birmingham aprende galego, vai a Porto e comunícase. Un pijo de lacoru te va a Oporto y oyes, es que el gayego no te sirve para nada, oistes neno?
Parabéns Ness, grazas por ter orgullo de falar a nosa língua.
Toda unha leccion desta "Brumie", que gusto da oirte falar Ness a verdade e que me emocionei o verte falar a lingua na que me criei....
Escoitar unha rapaza de Birmingham falar tan ben o galego, amalo e estar orgullosa del, orgullosa do noso idioma, emociona. Grazas, Ness.
Un libro difícil de soñar:
http://www.galiciae.com/nova/4000.html?lang=gl
Impresionante
Ness presentadora do telexornal da TVG, xa!
Recoñezo que me emocionei vendo este video, grazas Ness
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Código para o teu blog
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
Eva e Fran son médicos e viven na Coruña. Non falan galego, pero teñen intención de que a súa filla o aprenda.