En Vigo fálase: A Revolta

Os centros sociais son algúns dos lugares onde se xunta a xente nova que fala galego, case un núcleo de resistencia. Visitamos con Leo o Centro Social A Revolta, na rúa Real do casco vello de Vigo. Penúltima entrega da serie "En Vigo fálase".

19 comentarios

Mónica Ares

Mónica Ares

13 de abril

Que galego tan bonito ten a de Chantada, diormío

Sak

Sak

13 de abril

O de ligar é certo, abofé :)

"Eu solo falo galego porque é no que me sinto cómoda"... anda! Coma muitos castelanfalantes!


" Eu son monolingüe, falo sempre en galego, pero tampouco teño problemas á hora de falar español se é realmente necesario.. ELES (sic) eu creo que sí teñen problemas á hora de falar galego..."
Isto é:
"Nosotros, los "bilingües" que actuamos como monolingües en gallego y solo hablamos español si no queda más remedio... versus "ellos", los gallegos castellanohablantes, esos que son todos iguales, unos incompetentes en gallego y que no están cómodos ni saben hablarlo"

Esta rapaza debe de vivir nunha Galicia na que non hai castelanfalantes de competencia bilingüe coma ela e de praxe realmente bilingüe (máis que a praxe destas rapazas, quo parece que só empregan castelán para falar "co extranxeiro"), que falan tamén galego ou mudan a tal por cordialidade segundo o interlocutor ou contexto, sen precisar sequera dunha "situación de emerxencia".

Difícilmente vai ter fluidez nunha lingua e vai estar cómoda falándoa quen nunca a fala. Amáis, que quen se gaba de falar só galego porque entroutras está máis cómoda e por orgullo monolingüe, pida logo unha asignatura específica para que os castelanfalantes estean cómodos falando galego, ten uns col**ns ben postos.

Logo queixámonos da polarizacion lingüística encol das linguas en Galicia, como diría María Yáñez.

En Vigo fálase, sí.

W. Sobchak

W. Sobchak

15 de abril

É certo que hai menos raparigas galegofalantes mais e certo que elas non mudan de lingua para ligar, mentres que hai moitos raparigos que si que o fan

Oli Ver

Oli Ver

16 de abril

vaites, também há trolls acó no eufalo!! um saúdo TBCUB

Manu Mayo

Manu Mayo

18 de abril

Os trolls, Galicias Bilingües, FAES e curas pederastas fan que se polarice a sociedade e se xere debate sobre cuestións importantes que precisan solución ou barbecho. A desaparición dun idioma? Outro menos, que problema din algúns (os máis numerosos), que peniña din outros. Pero a cousa rematará xa o din as Sagradas Escrituras: "O saber desaparecerá, as língüas calarán..."

Juan Vergara Míguez

Juan Vergara Míguez

18 de abril

Tan bilingüe, esta rapaza lleu vivimos en Vigo, por desgracia boa parte da sociedade desta cidade non é tan cordial e bilingüe coma ti dis, e en boa medida porque non teñen a capacidade pra selo. Non sei de onde es, pero recomendariache vivir un tempiño en Vigo en galego...

Sí, J.V.M., pero... os demáis, vigueses ou non, teñen o mesmo dereito a seren monolingües de facto en español coma outros o son en galego, mentres non se demostre o contrario e mentres respeten a lingua dos demáis.
Coido que o dereito a manterse sempre na súa lingua e non exercer o bilingüismo namáis que se é "realmente necesario" non é un privilexio dos galego-militantes nin de ninguén.
Un galegofalante e un castelanfalante poden falar entre sí sen mudar de língua nin un nin outro, entendéndose.
A práctica totalidade de castelanfalantes teñen as competencias pasivas en galego, que lles permite entender ou ler a outros en galego sen problemas, sen ter que pedir castelán. Que algúns non estean cómodos nin teñan fluidez para falar galego nin o saiban... malo, sí, unha eiva, mais ten as mesmas consecuencias práticas para os demáis que a lexítima negativa dos galego-militantes a non exercer, sempre que sexa posíbel, as súas teóricas competencias activas en español: que ao final falas sempre no mesmo.
Coido que é negativo gabarse de que es monolingüe e procuras non falar nunca outra cousa que X pola razón que sexa, e logo criticar aos que fan o mesmiño coa súa língua só porque é "allea", e amáis metendo no mesmo saco da incompetencia oral aos castelanfalantes todos.
Para qué tanta leria se o que se quere dicir é que 'Na Galiza todo dios fale só em galego', como din nos C.S. tal que A Revolta?

Juan Vergara Míguez

Juan Vergara Míguez

18 de abril

Todo moi ben, ahí de puta madre y tal, pero os galegofalantes todos menores de 60 sabemos falar castellano, logo cada un que exerza o monolingüismo ou o que máis lle preste, pero so os bilingües, activos, pasivos ou chamaos X poden escoller entre galego e castellano, ou castrapo e castellano, outros non teñen ese "privilexio".

Christian Wilde

Christian Wilde

20 de abril

"Moitas veces, é curioso que teñen máis ganas de aprender os de fora de aquí que os de aquí propios". Totalmente de acordo con esta frase; a xente non ten vergoña porque os de fora de Galicia opinen que sexa un idioma basto, da aldea, vulgar, etc, se non que é a propia xente de aquí a que opina iso.

NUNCA é unha desvantaxe falar varias linguas, non vexo ben falar só galego e non usar nunca o castelán (ou só cando é estrictamente necesario porque falamos con alguén de fora de Galicia), porque para falar unha lingua ben hai que practicala a miudo. Se non mirade o inglés que temos en España, por moito que cada vez nolo ensinan antes no colexio.Baixo o meu punto de vista, o ideal é usar todas as que saibamos coa máxima frecuencia posible.

Impoñer non sirve de nada, o que hai que facer é concienciar. Se o pobo galego non quere falar galego non o vai a falar, e se quere sí; é tan doado como iso.

¿É estrictamente necesario escribir en galego nesta páxina? E que eu son castelan-falante porque realmente atópome cómoda nesa língua...e só cando é estrictamente necesario pásome ó galego...Para min dirixirme á administración ata fai ben pouco era estrictamente necesario o uso do galego, cando os funcionarios teñen a obriga de coñecer o castelán, xa que español tamén é o galego, sempre me fastidiou esa imposición. Para min é inxusta e estrictamente necesario usar o galego para explicarlle ó meu fillo a asignatura de coñecemento do medio porque non me deixan escoller nin siquera o idioma do texto que prefiro. Con gusto cambio ó galego en Tuiriz ou Monforte de Lemos, xa que a xente que alí coñezo fala nesta lingua porque é a materna (non é o meu caso que por cuestións da historia, de inxusto trato có galego fixéronme unha castelan-falante de lingua nai) Coido que chamar trolls a quen defende o bilingüismo é unha mostra da intolerancia de algúns (que non todos) os galego falantes, coido ademáis que todos temos dereito a opinar, incluso a que non nos guste o idioma por basto ou por calquera outra razón (que conste que a min o galego góstame), e coido tamén que incluso haberá a quen lle importe un pepino que o galego desapareza como ocurriu co latín. As línguas serven para comunicarse e cecáis, dende o meu punto de vista, a supervivencia do galego é importante cara a que calqueira que desexe usálo poda facerse entender, Ogallá só existira unha língua no mundo e todos poideramos comunicarnos sen necesidade dun diccionario. Os galegos temos a sorte de entender dúas linguas, e que aquela que foi vapuleada na dictadura hoxe teña o respecto de todos, pero que o galego fora reprimido noutros tempos non é razón para que agora fágase o mesmo co castelán. Impoñer si sirve da algo, sirve para que algúns cheguemos a odiar esa língua na que ademáis a normalización fanla cada vez máis alonxada do que ouimos falar ó noso arredor.,

María Yáñez

María Yáñez

10 de maio

Begoña, podes escribir no que queiras, faltaría máis. Pode que te sintas máis cómoda en castelán, pero o teu galego non ten queixa, así que por nós non te cortes. :)

Xurxo

Xurxo

28 de maio

A ver TBCUB, escribes moito pero non coñeces nada nin da historia de Galicia nin dos dereitos que tentamos recuperar os Galegofalantes. Se es Galeg@, coido que non mereces selo.
PD: As nacións son monolingües por natureza. As que non o son é porque as COLONIZARON ou están en proceso. Caso da nación Galega. Cousa que nunca chegará a ser España, que seguirá sendo un Estado Militar.

Bicos

Gamela

Gamela

28 de maio

A rapaza de Celanova chegará moi lonxe... na súa lingua e na súa VIDA !
A proposta de clases de galego-oral parece unha broma... máis responde a unha triste realidade educativa: as clases de lingua e literatura galegas adican o 90% a gramáticas pardas e teorías literarias mentres esquecen a trasmisión ORAL da lingua entre os rapaces... pero se a ORALIDADE galega se limita aos temas de Sociolingüística mellor pechamos o gharito...?

Unha lingua fálase sempre e en calquera situación da vida cotiá ou mellor metela no caixón das curiosidades para ensinala só o día do patrón... Ollo Revolta Cotiá!

Para Xurxo: tú, como talibán patriotero, haces el ridículo expediendo certificados de galleguidad desde tu marginalidad fracasada. Como resulta que somos muchos gallegos castellanohablantes y/o bilingües, e incluso la mayoría de gallegohablantes de "O Pueblo jallejo" es política y nacionalmente "españolista" (y conservadora), se deduce de tus palabras de ultra que solo una minoría ridícula merecería "ser gallego". Absurdo.
Yo soy gallego porque nací aquí y estoy censado aquí. Ademas, tengo competencia en los dos idiomas oficiales y sociales del país, y practico activa y pasivamente ambos. Aismismo, defiendo los derechos lingüísticos d etodos, no solo de los patriotas puros. Lo que NO tienes es el derecho a que yo o cualquier toro particular renunciemos a nuestros derechos lingüsiticos a hablar o a o hablar lo que nos dé la gana para hablarte a tí en tu lengua obsesiva, claro.está. Tengo derecho a ser tan bilingüe como tú, que odias y rechazas por completo al español, y a los gallegos que no son monolingües, por lo que veo, y que además exiges que solo los gallegohablantes tengan derechos y todo Dios tenga que dirigirse a ellos en su lengua-tótem. De hecho hablo, leo y escribo muchísimo más gallego y acepto más gallego en mi vida que el español que tú practicas y aceptas. Te respondo en español para que aumente tu frustración hispanofóbica ;-).

En Galicia la mayoría de sus ciudadanos se sienten "tan gallegos como españoles", sienten al conjunto de habitantes de España como su nación política y también cultural, quieren seguir conviviendo con el resto de conciudadanos del estado y no son partidarios de una Galliza Monolingüe só en galego e independiente.
Galicia NO es una nación porque sólo una minoría es nacionalista. Si no hay una mayoria de habitantes del territorio que sienta Galicia como su única nación, ergo Galicia entera, o sea, el conjunto de habitantes de Galicia, NO es una nación subjetiva, volitiva o sentimental. Ademas, hay varias identidades culturales y linguísticas, por lo que habría que sacar la conclusión de que castellanohablantes y gallegohablantes pertenecen a distintas naciones culturales dentro del mismo territorio, o que los gallegos ateos pertenecen a una nación distinta a la de los gallegos católicos, o que los gallegohablantes españolistas pertenecen a una "nación" distita que los gallegos nacionalistas, o que cada comunidad de votantes o simpatizantes de una ideología o de un partido pertenecen a su respectiva nación ideológica. De hecho es más relevante en la conducta d elas personas su comportamiento ideológico y su autpercepción que ninguna clasificación mediante elementos "objetivo" de su identidad.

Todo esto que acabo de escrbir es lo que uno aprende cuando va a clases de profesores de Historia nada sospechosos como Xose Manuel Núñez Seixas o Xusto G. Beramendi, de la USC, que dicen eso: que la sociedad gallega hoy por hoy No es una nación ni en sentido objetivo ni en sentido subjetivo ni en sentid legal.
Por de pronto, el frente nacionalista es el menos votado por el censo, solo un 15% lo vota. La comunidad nacionalista gallega, compuesta por aquellos ciudadanos que cumplen los requisitos de a) identificarse solo con el gallego como len gua y convrtir esa lengua en elemento único de su atudefinición, + b) sentirse solo gallego y no querer pertenecer a España, es ultraminoritaria, ergo solo ellos son nación gallega en ese sentido quele dáis los patrioteros galleguistas, ergo esa "Nazón Galega unifome y unida que habla una única lengua y se comporta como una Tribu-Comuna o como una Asamblea de la UPG" solo es una minoría dentro de la Sociedad Gallega, que es plurinacional, plurilingüística y pluriideológica..

Próeche? Pois raña,. raña, que morrerás enfrontado a e desprezado pola inmensa maioría dos "teus compatriotas", e o sabes, hahahahahaha.
Cómo mola ver la frustración resentida de los frikis falangistas galleguistas que sueñan en vano con su distopía reaccionaria basada en "Um Povo, Um Estado, Umha Língua, Um Partido, Umha Ideoloxía", juasjuajuas

P.D: Agardo que os admins desta web non me borren esta mensaxe, posto que a de Xurxo, netamente fanática, ultra e agresiva, foi respeitada.

"Unha lingua fálase sempre e en calquera situación da vida cotiá ou mellor metela no caixón das curiosidades para ensinala só o día do patrón... Ollo Revolta Cotiá!"

Este argumento de "o todo o nada" es simplemente insostenible: deja fuera a todos los que emplean en diferente grado varias lenguas, o leen, escriben y/o hablan en una u otra segun las circunstancias y en diferentes combinaciones,y solo tiene como efecto reforzar una bipolarización social entre monolingües de hecho en X y monolingües de hecho en Y , impidiendo además la práctic y por tanto el apendizaje completo de otras lenguas... Además no justifica por qué hay que ser fanático monolingüe en gallego si o sí, y por qué es mejor no hablar nunca gallego antes que hablarlo (o leeerlo, o escribirlo), a veces.
Tampoco se demuestra la mentira de que para que una legua sobreviva, tenga que ser hablada de manera única y monolingüe por todos los habitantes de su territorio histórico y legal

Pero no te precopues, Gamela: te tomo el consejo y ante gente como tú o como Xurxo, seré como vosotros o como la chavala de Celanova: mantenerme siempre en mi lengua propia y materna, aun sabiendo otras, que hablaré "cuando sea estrictamente necesario"... o con gallegohablantes no hispanofóbicos ni obsesos lingüísticos. A fin y al cabo, podemos entendernos manteniéndonos, gallegohablantes y castellanohablantes, cada uno en su lengua, non si? ¿O es que los derechos lingüisticos de los gallegohablantes incluye el que no puedan ejercerlos los castellanohablantes? hahahaha

"PD: As nacións son monolingües por natureza. As que non o son é porque as COLONIZARON ou están en proceso"

Refutando trolas:

a) EEUU, Australia, Nova Zelanda: ex colonias que agora son Estados-Nación onde falan a lingua da ex-metrópole, e onde o seu monolinguismo oficial ten que comezar a incluir as novas linguas traídas por inmigrantes xa integrados e os seus descendentes nativos, pero non asimilados lingüísticamente. Multilingüismo en aumento,e recoñecemento das línguas dos aborixes. Na contra, unha ridícula obsesión "English Only!" da ultradereita ianqui, que terá que aturar cómo un número crecente de cidadáns nados en EEUU e competentes na lingua oficial esixen a oficialidade da súa "lingua propia".

Suiza: estado-nación multilingue.

Irlanda: estado-nación que deixou de ser colonia fai un século e onde a lingua masivamente maioritaria é o...inglés, lingua do ex-colonizador. Oficialmente é bilingüe, e a súa lingua propia é minoritaria. Non ten pinta de que acabe sendo monolingüe máis que nas parvoeiras dos "célticos".

India: Estado-nación de 700 millóns de habitantes onde hai alomenos dez linguas oficiais.

Canadá: estado bilingüe onde hai unha provincia que a súa vez é bilingüe, e onde hai unha división entre francófonos e anglófonos que non ten muita pinta de esmorecer a prol de ningún monolingüismo.

Uruguay, Chile Argentina, e todos os paises hispanomaericanos: estados-nación onde o idioma oficial, e na mierande parte dos casos, único, é o idioma do colonizador. Porén, hai un incremento das linguas oficiais naqueles estados-nación con linguas indíxenas (Bolivia).

O caso de Latinoamérica é a grande refutación da teoría que afirma a continuidade entre Lingua e Nación Política: unha mesma comunidade linguística vencellada por unha lingua hexemónica, o español, está dividida nunha chea de estados e nacións subxectivas. Se aplicásemos as falacias lóxicas que os falanxistas galeguistas aplican ao Bierzo ou a Eo-NAvia (alí falan galego, ergo son galegos), como Uruguay e Arxentina son territorios limítrofes e falan unha mesma lingua, o español... ergo arxentinos e uruguayos son españois?

Galicia: se hai un monolingüismo que se albisque remotamente, sería un cuase-monolingüismo... en español como lingua de uso cotián das futuras clases populares, con minorías activistas e culturais e profisionais galegofalantes e zonificacións lingüisticas semellantes ás que hai noutros países... e as que hai agora en Galicia. Oficialmente, inluso poderáse chegar a unha curiosa situación de español como lingua hexemónica socialmente, e o galego como lingua culta, institucional e legal sobrerrepresentada no Parlamento, nas elites culturais, e na administración: español como lingua maioritaria e minorizada no eido público-institucional.
En calquera caso, nin oficial nin socialmente Galicia será xamáis, salvo desastre apocalíptico, monolingüe nin social (menos dun 20%-10% de galegofalantes? desoficializada? nin de coña!) nin oficialmente.

Por outra banda... a independencia garante o monolinguismo?

Falso, ao contrario: unha Galicia independente estará obrigada a respeitar os dereitos das minorías lingüísticas, pois as obrigas das lexislacións internacionais son máis fortes para os estados que para as rexións dentro deses estados. Incluso no caso de que os castelanfalantes foran unha minoría, habería que garantirlles os seus dereitos baixo pena de denuncia internacional por discriminación, non valendo o argumento de "que se vaian a outro Estado" (porén, non é o mesmo que dicir "que se vaian a outra parte do Estado": esta última solución sí e admisíbel pola lexislación e pola sociedade, porque non hai fronterias que atravesar nen perda de dereitos ou cidadanía: por iso unha rexión pode dotarse de politica de "discriminación positiva" que trate desigualmente ás persoas segundo a súa identidade ou preferencias lingüísticas na súa xurisdicción, mais un estado non pode sen converterse nun estado que viola dereitos internacionais, amáis de provocar conflitos internos)

Ou dito doutro xeito: agora funciona i é sustentábel legal e políticamente iso de que "como o Ministerio de Cultura do Estado xa apoia aos culturetas que empregan o español, tamén aos galegos, a Consellería de Cultura de Galicia debe de apoiar só aos culturetas galegos que empreguen o galego". Vale. Mais alguén cre que é democráticamente plausíbel que un hipotético Ministerio de Cultura da República Galega discrimine aos seus cidadáns que non empregan a "lingua propia", incluso no caso de que os cidadáns galegos castelanfalantes foran unha minoría? (máis razón todavía: son unha minoría interna que hai que protexer), só porque xa hai outros estados que teñen o español como lingua oficial? Se non son minoría os falantes de "linguas alleas", entón xa nin ten senso ningún crer que unha maioría lingüística desbote a súa propia lingua da súas propias institucións, en democracia.

En fin: o sociolingüista Albert Brachadell xa estudou os curiosos paradoxos da relación entre politicas identitarias e as independencias das nacións. Na súa obra "La hipòtesi de la independència", deixou escrito que: unha Catalunya indepdenete veríase obrigada, para cumprir lexislacións da UE, a implementar unha rede educativa en castelán para as súas "minorías" castelanfalantes, amáis de ter que respetar a cooficialidade de todas as linguas mínimamente relevantes dos seus cidadáns máis ca nunca.

Gamela

Gamela

18 de xuño

Moito falas... se escoitaras un pouco igual non faría falta unha tese doutoral para falar como che pete e cando che pete... tí e todolos demáis !

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

12 de abril | Aquí fálase

En Vigo fálase: A Revolta

Os centros sociais son algúns dos lugares onde se xunta a xente nova que fala galego, case un núcleo de resistencia. Visitamos con Leo o Centro Social A Revolta, na rúa Real do casco vello de Vigo. Penúltima entrega da serie "En Vigo fálase".

Gústalle a 23 persoas

María YáñezMónica AresBerto YáñezAna Mª Fernández Fernándezmaria pena garciaIván Gómez BlancoSakCastelaogz Rodríguez CastelaoUxio Pazos MirasOscar OteroIolandaAnxos SobriñoRamón D. VeigaDani PortelaAitor RivasW. SobchakXABIER MAGARINHOS GONZALEZManu MayoPaz fernndezPaula Francos AnlloLoreto Igrexas OliveiraLara Rozados LorenzoXano Cebreiro

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Aquí fálase

En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.

En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

En UK fálase: Jason

Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.

Na Coruña fálase: De compras

Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza