Primeiro capítulo da serie documental "En Vigo fálase", onde o Leo i Arremecághona nos presenta unha protagonista excepcional, súa nai Neves, que lle conta a súa historia coa lingua, chea de problemas, e lle explica por que cando era pequeno o tratou de educar en castelán.
Son superfán de Neves!
Unha das heroínas imprescindibles na nosa cidade. Canta sabedoría hai nese "...iso é o que buscan...". Beizóns Neves.
canta sabedoría hai polo país adiante!
Non me gusta, encántame!
Esta muller tiña que falar no Parlamento para explicar ben clariño que significa a nosa lingua, e que ben se lle entendería,... quen quixera entender claro
Xa ten grupo de fans no Facebook! http://www.facebook.com/pages/Senoras-que-pensan-que-os-seus-tomates-e-a-sua-lingua-son-os-mellores/295948544653?ref=nf
Fan de Leo e de Neves!!!!! De tal pano, tal saia, homeeeee!!!
¡que grande!
Esta é a realidade. Moi ben narrada na entrevista. Parabens.
este tipo de xente e a que en realidade lle podia dar unha idea real da situacion a xente que nega a represion do galego! os que o viviron son os que realmente o saben!
Moitas grazas! Isto é o que pensa Neves, muller que saca tomates da terra, e os que nos atacan, que sacan da terra?
"co castellano non estou na miña salsa"....jeje... Neves presidenta!
Neves eres un bon exemplo. Eres a mais grande. Moi encantadora.
fabas e feixóns
Aí falaches, Xan: "Esta muller tiña que falar no Parlamento para explicar ben clariño que significa a nosa lingua, e que ben se lle entendería,... quen quixera entender claro".
Que gran entrevista!! e arriba Neves que é caralluda!! da gusto escoitalos falar.
Grande Neves!
Grandes os dous!.
A pesares da diferenza xeneracional (tampouco é tanta!), teño que dicir que miña nai tamén fixo unha tentativa igualiña ca Neves con vos. A min dábame a risa escoitar á boa da miña nai falándome castelán...
Unha crítica durísima para o Leo: caghonatós, non se bebe coa culleriña metida na taza, recorcio!!!!
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Primeiro capítulo da serie documental "En Vigo fálase", onde o Leo i Arremecághona nos presenta unha protagonista excepcional, súa nai Neves, que lle conta a súa historia coa lingua, chea de problemas, e lle explica por que cando era pequeno o tratou de educar en castelán.
No verán do 2009 collemos por banda o Leo i Arremecághona para que nos fixese un percorrido polos lugares de Vigo onde se fala galego, que son moitos máis dos que se pensa. E aló fomos, pasar o día con el.
O día comezouno o Leo almorzando con súa nai, na súa casa do barrio de Matamá.
Código para o teu blog
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.
Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.
Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.
Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.