Terceira entrega da serie "En Vigo fálase". O Leo i Arremecághona lévanos pasar a tarde ao Berbés para botar a partida.
Alguén ten idea de que canción soa ao comezo do video?
penso que se chama Popop ;)
http://www.vieiros.com/especiais/apologhit09/index.php?c=ficha&id=75778
aí se pode escoitar e baixar
Encantoume!!! Acabo de deixar un comentario no blogue do Leo antes de rexistrarme.
Grazas por amosarme por primeira vez como é o galego "enxebre" de zona do sur, ese galego "aportuguesado" que nunca chegara a coñecer!
Parabéns e adiante coa iniciativa!
"Eu falo o que falo" E non hai máis que dicir!
http://www.youtube.com/watch?v=4rbomA5yByE
Como se fai unha canción pop... Que máquina!
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Terceira entrega da serie "En Vigo fálase". O Leo i Arremecághona lévanos pasar a tarde ao Berbés para botar a partida.
Código para o teu blog
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.
Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.
Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.
Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.