Tráiler da primeira serie documental de EuFalo.TV sobre os lugares onde (tamén) se fala galego.
Isto vai molar toneladas...
Masha! :)
Ese Leo!
Maravilha... tenho que ir a esse bar a próxima vez que vaia a Vigo. Ogalhá me atope alí co cantor.
No Rikitri, o bar de Miro, falamos galego dende hai décadas. Non é noticia ningunha que no noso barrio se fale galego tamén nas panadarías, na patatillaría ou no famoso Dalmiro.
O Rikitri está na rúa Hernán Cortés. É unha taberna cen por cen celtista. Aconsello moderarse cos manises.
Desexando ver o primeiro capítulo, fantástica iniciativa
Gustoume o tráiler cantidade. Xa teño ganas de ver o primeiro capítulo, máis que o da sexta de Lost. Se necesitas unha figurante, ofrézome.
Fabuloso o tráiler! PARABÉNS (maiúsculos) pola iniciativa!
Muela!
Os manises do Rikitrí non son manises, son "persebiños".
eu quando for pequeno quero ser como o Leo :)
Apertas Amigho!
Paréceme xenial o trailer e promete...
O camiño faise andando. Os meus parabéns.
ten boa pinta este proxecto espero polo primeiro video.
Unha aperta.
bonito, bonito
Parabéns e muita sorte!
adiante coa iniciativa, muita sorte.
O Rikitrí xa vai necesitar un spin-off e aínda non comezamos.
Dende logo k sempre houbo barrios nos k se falou a nosa língua. Así foi, así é, e así a seguir sendo......
Parabens, un saudo...
É espectacular Leo:)
buahh!!!!!!!!!!!! o que vai molar isto tio!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
"Bilingüe será falar as dúas linguas, pero por igual, non? Pero non é por igual, non se falan por igual" A nai de Leo fai un perfecto resumo de análise sociolingúística actual.
A nai de Leo é unha xenia
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Tráiler da primeira serie documental de EuFalo.TV sobre os lugares onde (tamén) se fala galego.
Comezamos por Vigo, a patria do cantautor punk O Leo i Arremecaghona, que naceu no barrio de Matamá. Botamos un día con el, acompañándoo polos sitios que frecuenta. Dende a casa da súa nai ata os bares do Berbés, os centros sociais, os mesóns onde comen os traballadores ou os pisos dos colegas.
Ao longo de varios capítulos iremos descubrindo lugares e xentes que falan galego, e as razóns ou situacións nas que o falan.
Código para o teu blog
Neda York é un grupo de rapaces de Neda que fan música e participaron no festival "A mocidade coa lingua", que organiza o Concello de Ferrol.
Desde a web Ferrol con lingua envíannos unha entrevista feita ao xerente do Racing de Ferrol, Antonio Aneiros: "Antonio cóntanos que se fala no campo de xogo, no mundo do deporte, na cidade de Ferrol. Escoitamos unha historia que chega desde a dilatada experiencia dun home que nos engancha coa súa actividade e dinamismo".
Os centros sociais son algúns dos lugares onde se xunta a xente nova que fala galego, case un núcleo de resistencia. Visitamos con Leo o Centro Social A Revolta, na rúa Real do casco vello de Vigo. Penúltima entrega da serie "En Vigo fálase".
Terceira entrega da serie "En Vigo fálase". O Leo i Arremecághona lévanos pasar a tarde ao Berbés para botar a partida.