Estas dúas irmás viguesas viven en Copenhague (Estefa) e en Bremen, Alemaña (Vanesa). Xuntáronse para contarnos a súa historia lingüística e como o pasado Nadal decidiron que ían falar galego.
Non me gusta, encántame!
a min tamén
pero que razón teñen!!!
As cousas parecen máis difíciles antes de facelas que unha vez que se fan. Cun pelín de esforzo por quitar a vergoña de enriba xa está, non custa nada falar galego. Non sei por que hai xente que se empeña en facelo difícil ou traumático. Noraboa mozas, por telo feito e sobre todo por contárnolo tan ben. :)
Unhas cousiñas:
xa farta o tema da normalización ¿antinatural?. Sería bo empezarmos recoñecer as nosas deficiencias, lóxicas nunha lingua abafada pola secular presión do castelán principalmente verbo do vocabulario de uso cotián, e deixar de enlamar un proceso imprescindíbel para a supervivencia da lingua de noso. Recoñezo a miña ignorancia respecto do danés, alemán, inglés,... mais semella que todos teñen unha norma estándar, como así sucede co castelán, aínda que no todos os castelanfalantes se expresen coma un académico da RAE. Seguimos a pagar o prezo de tanto atraso nun proceso que hai séculos debería ter rematado. E logo dicimos que temos “vergonza do noso” e que hai que “educar á xente”. Totalmente dacordo.
A asociación, semella que negativa, da lingua co nacionalismo e ben doada de corrixir: todos os nacionalistas falaren castelán e listo! “ Cando as linguas son instrumento de poder...”, pois cando as linguas son instrumento de poder o que hai é un conflito lingüístico, e cando remate igual esa asociación deixa ter algún sentido, se é que o ten... Este é un prexuízo de manual nas cidades.
“ As cousas obrigadas son as peores...lle vas coller manía” Efectivamente, por iso, precisamente pola imposición do castelán, unha parte cada vez maior da cidadanía fala únicamente castelán, non si? Claro que igual falar castelán é o “natural”...
Parabéns por non vos render.
en europa tamen se fala galego! nenas, video precioso, natural e entrañable. Sodes do mellorciño! Mua!
Parabéns mozas, o galego só precisa unha cousa...falantes!!
eu non podo ser máis fan do que xa era.
o galego é guay :)
vaia tratado de sociolingüística contemporánea... marabilloso, marabillosas
Aínda non din cunha testemuña en Eufalo que non me prestase, pero a destas rapazas é na que máis me vexo reflectida.
Quédome cunhas ideas:
1) Falar galego non ten pq ser sinónimo dunha opción política. O GALEGO É DE TODOS O GALEGO NON É DOS NACIONALISTAS. Mentres non sexa así o futuro do noso idioma seguirá en cuestión.
2) Non quero ter que elexir entre falar so galego ou so castelán.
3) Estou farta dos que se mofan dos que, pese a non controlar a normativa, QUEREMOS FALAR GALEGO. Que non xulguen e que non se rían. Ninguén naceu aprendido.
4) Os pais deberían de lle transmitir aos fillos a lingua.
Grazas polo voso video rapazas :-)
O de que "non hai que impor a lingua" é un prexuízo. Claro que lla hai que impor a todas as persoas que queren traballar para a Administración galega, por exemplo, igual que lle impoñen o danés ou alemán a calquera persoa que queira ser xuíz, ou médico da SS ou professor no ensino público en Dinamarca ou Alemaña. Manda carallo! Parece que hai medo á palabra "impor", pero hai que chamar ás cousas polo seu nome. O que se ten que impor, sobre todo, é a cordura e a soberanía popular.
A min tamén me ghusta.
Canta razón tedes!!
adiante sempre, nen un paso atras!
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Estas dúas irmás viguesas viven en Copenhague (Estefa) e en Bremen, Alemaña (Vanesa). Xuntáronse para contarnos a súa historia lingüística e como o pasado Nadal decidiron que ían falar galego.
Se ti tamén queres contarnos a túa historia coa lingua, aquí tes como facelo.
Código para o teu blog
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."