Estudantes de Ciencias da Comunicación da USC

Metémonos nunha das clases de Xornalismo da Universidade, e os estudantes quixeron compartir connosco cadansúa historia lingüística, ao máis puro estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man como nos talk-shows.

15 comentarios

Reidotoxo

Reidotoxo

6 de maio

Estes moita soltura levan. Estamos nas mesmas de sempre, que se Compostela é isto, que se Coruña e Vigo son isto máis o outro... Veñen moi ao caso nestes momentos os vídeos de "En Vigo fálase" e "Na Coruña fálase", había tamén que pasar algo pola zona nova santiaguesa para ver que "En Compostela non se fala tanto como din".
(E a quen hai que coaccionar para conseguir o contacto desa rapaza que dá puntos aos galegofalantes?) :P

W. Sobchak

W. Sobchak

6 de maio

Reidotoxo, Compostela non é a Costa da Morte nen Melide. Esta tremendamente castelanizada. De feito os nenos galegofalantes saen da gardería falando castelán. . Pero quen me dera que no resto das"cidades" se falara tanto galego como alí E non me refiro ao ambiente universitario que eu son picheleiro de vello e sei o que fala a miña familia e os meus amigos de sempre. Mais aseguroche que a situación en Vigo é dramatica, tanto como que eu sinto que estou nun país diferente.

E que vivan os neofalantes... que como dixo B. Regueira: Galicia sera neofalante ou non será (galego)falante

Irisinha

Irisinha

7 de maio

Non se pode comparar a situación da Corunha ou de Vigo coa de Compostela..."no hay color". En Vigo só escoitas falar galego á xente de máis de 50 anos(polo xeral)...o raro é falalo cando eres novo. Eu, persoalmente, se vou por Vigo e escoito a un rapaz novo falando galego xírome, miro para el e penso "mira ti que riquinho =)"...e iso non me pasa en Compostela!
Iso, está claro, que deixa en evidencia o que pasa en Galiza.

Cecilia Gonzalez

Cecilia Gonzalez

7 de maio

Como pode ser que os galegofalantes que se criaron falando en galego se teñan que desculpar por falar con jeada cando veñen os neofalantes dicindo animaladas coma "che vou dicir " ou "che digo unha cousa" e a xente ""lles aplaude"" por falar o galego. Nunca soportei esa dobre moral, especialmente dende que cando estiven no instituto se puxo de moda falar galego, e os que o falamos de sempre tiñanos por menos por non falalo na clase. É mellor falalo pouco e ben falado, que non moito e mal, ou as dúas cousas pero sen criticar os que o falamos de sempre nos nosos dialectos, que polo menos poñemos as palabras na orde correcta

Reidotoxo

Reidotoxo

7 de maio

Dacordo co de que é dramático por exemplo en Vigo, só quería remarcar que Compostela non é o paraíso, só que é a cidade menos botada a perder.
Cecilia, hai un grupo no facebook que é o propio para ti, a "Plataforma pola dignificación do pronome átono": http://www.facebook.com/group.php?gid=121633817853083

Cada vez que un gallego habla español, Dios mata un gatito.
Hala, otro gatito muerto

Noraboa!! Para esta castelan falante escoitar un video tan divertido, sin ningunha queixa por atopar mais catelanfalantes que galego falantes é un pracer. Gustoume moito a intervención do de Cerceda (pareceume entender) tendendo a man ós neofalantes, case me convence de cambiar ó galego...

Sak

Sak

10 de maio

Que ben o pasan, lambóns! Gústame ese pique san de neofalantes e paleofalantes; uns teñen que mellorar o seu galego e mirarse nos paleofalantes e os outros teñen que acoller, animar e axudar aos neos; e se o fan de carallada ainda mellor.
Na Coruña e Vigo tiñan que facer clubes de neofalantes, que eu xa coñezo a uns poucos.

Pois comento aquí para facer competencia a Reidotoxo para o tema da rapaza que nos dá puntos.

Karl von Knechtle

Karl von Knechtle

20 de maio

unha verdade absoluta é: o que fala galego cae ben. xa so por falaren en galego parecen mais simpaticos.

Itziar Gon

Itziar Gon

24 de maio

Eu quería preguntarlle a Cecilia que é para ela "falar ben o galego", porque que eu sepa o galego normativo non o fala ninguén salvo para quedar ben ou para intentar ser un pouco máis correcto/a, ou por escrito (no meu caso). O que quero dicir e que todo o jallejo ben vido é, que máis da gheada, seseo, castelanismos polo medio, pronombres ben ou mal postos... Unha ten que falar como mellor poida expresarse, e neste caso penso que con falalo xa nos podemos dar por satisfeitas, sexa "ben" ou "mal". Son moitas as circunstancias que fan que convivan tantos dialectos e contra iso non se pode facer nada (dispersión xeográfifa, represións, influencias do acstelán...), pero si se pode tomar conciencia de que hai valores culturales que hai que conservar porque sempre son positivos (nesta caso a lingua galega)

E non tiña nin idea de que estaba tan de moda eso de ser "neofalante", e pode que fai uns anos nin sequera os entendera... pero creo que con ter conciencia cultural é suficiente, porque ninguén ten culpa de ser educado/a en galego ou castelán (e a educación vai máis alá do ámbito familiar, que parece que só nos quedamos na casa cando falamos dela).

Pois nada, EU FALO, falo con jeada

Itziar Gon

Itziar Gon

24 de maio

*con jeada e seseo, pero quería dicir que falo castrapo...xd

Jason Johnson

Jason Johnson

25 de maio

Eu falo ghallegho de toda a vida e gustaríame compartir aquí unha anécdota persoal:
A última vez que fun a Pontevedra (foi en Santa Cata), levaba xa un cacho falando con unha rapaza, e non sei que dixen que escachou a rir e díxome:
-Ai!! que de pueblo me sonó eso...
-Si? Sonouche de pueblo...? -contestei
-Si, me sonó como: "Oee! e ti cantas vacas tes?"
Ó que lle contestei moi serenamente:
-Cantas vacas teño? Teño unha, e téñoa diante!

PD: A rapaza ficou un pouquiño avergonzada, e o mínimo que me chamou foi cabrón e fillo de puta, pero quedou todo nunhas risas e aínda hoxe nos levamos moi ben (no fondo son boa persoa)
De todas formas, non o intentedes facer na casa
:D

saúdos e un bicaso para Verónica. Eu tamén lle dou un punto ás rapazas que me entren a min en galego!

Ritxo D'o Ghraña

Ritxo D'o Ghraña

19 de outubro

vivan o seseo, a gheada, todas e cada unha das variantes dialetais, o galego RAG, o galego AGAL... a (bio)diversidade é o que fai aínda máis fermosa a nosa língua
eu son das terras que xacen ao abeiro da Serra do Suído e temos como característica senlleira o paradigma ouz- (os vellos adoitaban dicir ouzo en troques de oio) que agora case ten desaparecido, mais namentres eu viva hase conservar
Asidando:
Un paleofalante de antigo.

a muller do piano

a muller do piano

14 de decembro

como me gusta este video! ver a estes rapaces cunha actitude tan positiva cara o galego faime pensar que aínda hai esperanza.

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

6 de maio | Nós falamos

Estudantes de Ciencias da Comunicación da USC

Metémonos nunha das clases de Xornalismo da Universidade, e os estudantes quixeron compartir connosco cadansúa historia lingüística, ao máis puro estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man como nos talk-shows.

Gústalle a 24 persoas

María YáñezBerto YáñezReidotoxoOscar OterouveicChristian WildeNuria de PeresAnxos SobriñoUxio Pazos MirasIván Gómez BlancoRamón D. VeigaDavide Fernández GarcíaPaula Francos AnlloIrisinhaCarla FragaCampo Lameiro UruguaySakPaula CasaresMarisa Fdez LorenzoXano CebreiroIolandaConversas GalegasXúlio za muller do piano

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Nós falamos

Estudantes de Educación Infantil da Universidade da Coruña

Mozas e mozos dunha clase e Educación infantil quixeron contarnos en poucas palabras a súa relación coa lingua: en que falan e por que. A maioría son castelán falantes case todo o tempo, e aínda así falan galego estupendamente.

Por que veño ao Celga?

Achegámonos ata os exames do Celga en Santiago para falar con algunhas das persoas que se presentan para obter este certificado.

Os nenos e o galego

En que falan os máis pequenos? En que falabamos nós cando eramos máis novos? Falamos o mesmo na casa que na escola?

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza