Bótalle un ollo ao noso primeiro video promocional, adianto do que poderedes ir vendo na web.
isto si que é unha boa imaxe da sociedade galega!!! a xente nova fálao moito menos cá xente máis vella... a xente fala ben do galego, pero estano a facer en castelán... que peniña me dá que aínda haxa prexuízos de hai tempo e que teñomos metido na cabeza (aínda que non sexamos conscientes) que unha lingua se non se fala pérdese... cando din o galego non se vai perder... pero vamos ver... se eles non llelo falan ós seus fillos e case todo está en castelán, onde van poder aprendelo??? ten razón unha das rapazas cando di que se alguén famoso empezase a reinvindicar ser galego, pero en galego, iso sería outra cousa, alguén famoso, os médicos, os avogados, os nosos representantes políticos.. a ver cando nos damos conta que o galego é parte de nós e que é parte da nosa cultura... no momento que abandonemos esta lingua, abandonaremos a nosa esencia de galegos, seremos un pobo sen identidade propia...
en definitiva, a ver cando estamos orgullosos de ser galegos!!!!!!! e aínda que pese... ser galego leva consigo unha lingua... que hai que ser ignorante para non estar orgulloso disto... e para os máis incrédulos que lean historia... o que pasa é que hai linguas que tiveron máis sorte (as estatais portugués ou castelán ou as que os seus representantes políticos e a sociedade están orgullosos de tela, como o catalán)
ahhh que me esquecía... nos institutos tamén habería que dar algo de dialectoloxía ou algunha asignatura que explicase que dentro dunha lingua hai variedades dialectais coma de rexistros, niveis, etc. non se fala igual en Madrid ca en Canarias, así como non se fala do mesmo xeito na Coruña e en Fisterra!!! e por outro lado hai que distiguir entre lingua escrita e lingua oral e nesta última os contextos nos que se usa, así que non se pode dicir "eu non sei falar galego, porque non o falo coma os da tele" . Tódalas variedades dunha lingua son perfectamente correctas!!!
e mesmo mellor que non falen como ´"os da tele"! non son ningún bo exemplo (con respecto a lingua, digo) ;-)
Acho em falta um vídeo (de duas horas ou de dous dias) que comece com esses a dizer "o galego nom se perde, como se vai perder" e que siga com muuuuuuuitos testemunhos de pessoas que digam "a mim meus pais falarom-me em galego de pequena, eu falei galego, pero cos meus filhos falo espanhol, e eles (normalmente) falam espanhol" e que acabe outra vez com esses a dizer "o galego nom se perde, como se vai perder"!
Sobre as variedades dialectais, na escola aprende-se, polo menos na geraçom que fomos à escola nos 80 e ao instituto nos 90. Para essa senhora e as pessoas do seu tempo, nom estavam mals os programas de Ben falado (nom sei se os seguem botando, nom tenho tele, mas estam no youtube)
Parabéns, sobretudo, por estes videos tam bos.
Saudarbos e felicitarbos po-lo traballo feito en defensa da nosa fala, e cousa de todos defendela e cada que temos o deber de por da nosa parte. Quero sumarme como un membro que apioa a causa. Sempre en galego.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Bótalle un ollo ao noso primeiro video promocional, adianto do que poderedes ir vendo na web.
Código para o teu blog
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.