Eva e Fran

Eva e Fran son médicos e viven na Coruña. Non falan galego, pero teñen intención de que a súa filla o aprenda.

7 comentarios

Xabi Xardón

Xabi Xardón

2 de marzo

agardemos pois a que a súa boa actitude cara ao galego xermole a xeito dunha fermosa primavera na vociña da valentina, polo ben do noso pobo, como eles mesmo veñen a dicir. coñezo ben máis de un caso de fillos de pais castelanfalantes que, co tempo, pasan a ser neofalantes a achegan á familia toda á recuperación, tan nececesaria, do noso idioma. o tempo dirá... mais tamén todo o que desde xa fagamos a prol de nós mesmos e da nosa dignidade como pobo. adiante pois.

Carlos Electroboy

Carlos Electroboy

2 de marzo

A ver, a ver, a ver... iso de nin intentar falar galego porque non o falas ben xa non vale! veña, que non é tan difícil! Ánimo ;)

Xabi Xardón

Xabi Xardón

3 de marzo

aí concordamos todos, miguelanxo. o negativo é ben claro, mais penso que na lectura das actitudes cara ao idioma nin todo é branco ou negro, ou que? evidentemente a súa postura nin é coherente nin é a óptima e agocha unha chea de preconceitos sobre o idioma dos que nin sequera son conscientes (ou iso ou é que realmente o idioma lla trae frouxa ou non lles parece o suficientemente importante como pra facer un pequeno esforzo a nivel persoal). Mais cando menos non son da xente burra que todos coñecemos e inda sinten o galego como algo propio e que fai parte da súa historia. e o máis importante, están dispostos a aceptar (que non a facer por) que faga parte do seu futuro...

Xabi Xardón

Xabi Xardón

3 de marzo

vaia, que por algo se empeza. o caso é que deiquí en diante se vaian subindo o listón. forza logo e moito ánimo, que no caso do idioma "o querer é poder" non é un tópico!

Eu Falo

Eu Falo

3 de marzo

O comentario de Miguelanxo (anterior ao de Xabi Xardón) foi retirado, pois contraviña claramente as normas de uso deste taboleiro: http://eufalo.tv/axuda/ollino/

Amólanos moito ter que borrar comentarios, pero as normas foron postas polos administradores de Eufalo.TV, así que temos que ser os primeiros en cumprilas. Esperamos non ter que facelo máis.

Atentamente,

O equipo de Eufalo.TV

Oscar Górriz

Oscar Górriz

8 de marzo

Eu son Coruñés, miña familia materna ven de Noia, e lles pasou o mesmo que á nai de Eva na escola, dáballes vergoña, porque aquí falar galego era cousa de "paletos", e era algo moi mal visto. Isto é unha triste realidade. O meu pai é maño (Zaragoza), e na miña casa obviamente falouse sempre castelán (o meu pai, meus avós e tíos, coma lles pasa a tódolos maños, inda que viviron aquí o 80 por cento da sua vida, inda non perderon o xeito e o acento de Zaragoza, jeje)... Eu gosto de falar galego as veces, sobre todo con algún amigo, coa xente nas tendas, nos bares, a xente maior inda fala o galego, e esteblécese unha relación mais próxima ao falar con eles na nosa lingua.

Si que é certo que se está a perder un pouco, pero tamén se está a recuperar, e si que é certo que aquí temos esa mala fama de "pijos" e castelanistas (ben merecida ás veces), pero ai de todo... Temos que estar dispostos a aceptar o posible cambio para que este se faga realidade.

Sobre o tema de por qué se fala aquí o castelán, eu teño entendido polo que estudiei na escola, que xa dende ai mais de 500 anos oubo un problema político en Galicia, coa nobreza que apoiou a un candidato á monarquía española, e tocounos a cruz de perder e ver logo como dende fora eliminaron a esa nobreza galega para impoñernos a xentes de castilla, que nos gobernaron. Probablemente nas cidades mais importantes (polo motivo que fose) naquela época, como en Coruña, preferiuse ter un poder castelán. Logo, non ai tanto, veu o tito paco dende Ferrol para nos corroborar esa experiencia. Foi Coruña a capital de Galicia, non nos esquezamos, na época do franquismo e non podía ser galega...

Bon, apertas e noraboa, gústoume a proposta. Gracias pola iniciativa!

Itziar Gon

Itziar Gon

2 de xuño

Á marxe de todo o dito... Paréceme incrible que Eva diga que é "médico"... será médicA, non? Se empeza por ahí, mal a vexo.

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

19 de febreiro | Eu falo

Eva e Fran

Eva e Fran son médicos e viven na Coruña. Non falan galego, pero teñen intención de que a súa filla o aprenda.

Gústalle a 13 persoas

María YáñezBerto YáñezOscar OterouveicMónica AresmourulloNolo BotRomán LandínJorge Coirabelén regueiraXabier CidMiguel Ángel Penas LópezVanesa

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Eu falo

En UK fálase: Ness

Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.

Maruja, Gonzalo e Antón

Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.

Carlos e Zeus

Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.

Xulia

Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza