Fátima é de Ourense, ten 26 anos e estuda Farmacia en Santiago de Compostela. Cre que se lle tiveran ensinado máis galego na escola agora sería capaz de falar nos dous idiomas.
Posiblemente, se lle houberan ensinado máis galego na escola agora sería capaz de falalo, pero dubido moito que o fixera como base da súa comunicación. Pola contra, hai moita xente que tivo unha educación 100% en castelán en "vive en galego". O galego hai que mamalo na casa pero sigo pensando que hai algún "compoñente" na nosa cabeza que nos predispon desde pequenos hacia unha linguaxe de comunicación principal, que será a que nos acompañe toda a vida.
Estou completamente de acordo con Fátima en que a solución do galego sexa o reintegracionismo co portugués.
Corrixo o meu anterior comentario ( xa me di miña nai que non escriba antes das nove da mañá...):
O que quería dicir é que o reintegracionismo co portugués NON É A SOLUCION nin beneficia en nada ó galego. Creo que é un tema máis relacionado co nacionalismo e cun intento de diferenciación do castelán.
Completamente de acordo con Juan Vaamonde e Fátima.
A min non me gusta que se relacione o galego ca política, é por iso que tampouco me gusta nin entendo, esa relación que vedes do reintegracionismo coa política.
Para ilustrar o que digo, recomendo: http://nosquedaportugal.blogspot.com/2010/02/enxebrismo-internacional.html
:)
Imos ver: dicir que o galego e o portugués "son o mesmo", que na escrita son moi parecidos ainda que non tanto na fala, é tirar moito por largo e só se entende dende unha posición política na que se intenta separar o máis posible dos lazos que nos unen co estado español. Todo isto baseado nunha realidade histórica que ninguén pon en duda pero que fixo que Galicia e Portugal seguiran camiños diferentes, tamén na lingua. O que si existe é unha corrente de modificación da nosa fala para que se pareza ó portugués.
Eu falo galego, non falo portugués nin tampouco quero que por motivos políticos o galego acabe desaparecendo e integrándose no portugués.
E por motivos económicos?
Juan, olla esta frase: Falar galego... "só se entende dende unha posición política na que se intenta separar o máis posible dos lazos que nos unen co estado español"; podería dicila moita xente que non comprende a nosa situación e que trate de asociar a postura do outro a algo malo (neste caso a política). Ti tes as túas razóns (non políticas) para soster unha posición isolacionista e o reintegracionismo ten as súas razóns (non políticas) para manter as súas.
Juan, entre o castellano falado de Arxentina, México, Chile, mesmo Andalucía e o normativo posibelmente haxa tantas diferenzas (ou máis) ca entre o galego e o portugués; e parece que ninguén dubida que sexa o mesmo idioma, por que pensalo do galego e o português? :)
Os prexuízos seguen actuando, as máis das veces, coma neste caso, inconscientemente. A Fátima vincula directamente a pronuncia correcta do noso idioma cos "vellos e as vellas das aldeas". O galego perdurará, si, mais "o da escola". Nas escolas de Andalucía estudan desde sempre un estándar importado, mais non perderon os seus trazos xenuínos.
Deduzo que dá por feita totalmente a creba xeracional, ou ben que o modelo que "se leva" é o máis castelanizado posible en canto a sotaque e fonética (ou ambas as dúas cousas).
Ben seguro que ela non tiña referentes próximos de "galego vivo" cando tentou falalo, e se os tiña non os consideraba válidos por mor do modelo de galego que se proxecta e prestixia desde as institucións de cara á sociedade. Acho que aí está a clave da inseguridade constante que sentía ao tentar falalo e que non foi quen de superar.
De todas as persoas que coñezo que non están de acordo co reintegracionismo, a maioría coñece só a superficie.
Para min, unha maior identificación (quer de estatus, quer léxica, quer ortográfica) do galego co portugués por parte das institucións, se é ben explicada á sociedade, só nos pode servir para dar prestixio ao galego, e matar o prexuízo de que "o galego non serve para nada".
Por que aparecen catro saltos de liña en vez de dous nas miñas mensaxes? :)n
n
n
\n
\n
tendemos a pensar que o galego ven do portugues o que o portugues ven do galego e non é así!! son linguas paralelas que teñen un acentro comun e sengues a estar moi relacionadas, pero non ten que ver os dialectos do castelan, porque eu entendo a un mexicano, mais me costa entenderme cun portugués
Escribe aquí o teu comentario
Los idiomas no importan. A milhor lingua é a que non emprega palavras.
Je t'aime,princesa.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Fátima é de Ourense, ten 26 anos e estuda Farmacia en Santiago de Compostela. Cre que se lle tiveran ensinado máis galego na escola agora sería capaz de falar nos dous idiomas.
Código para o teu blog
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.