Gelia e Chicha

Gelia e Chicha son irmás e de Lugo. Son a tía e a nai de Grial Parga, que nos mandou este vídeo despois de enviarnos o das súas sobriñas Xiana e Ánxela. Gelia e Chicha falan, e moito, da súa historia co galego e co castelán.

9 comentarios

Pablo Mato

Pablo Mato

25 de marzo

Menos que foi unha elección libre... Escoita Frijolito.

Mónica Ares

Mónica Ares

25 de marzo

Que tempos aqueles, pero agora penso que non debería haber eses prexuízos, que xa somos "libres", ou aínda non?

Que falar mais fermoso, da gusto oírvos.
Canto mal lle teñen feito a nosa lingua e aínda non lles chegou que lle queren dar o golpe de gracia,mais entre tod@s cada día gañaremos a outr@ para esta causa xusta.

En terra de lobos houbo que oubear coma todos, mellor explicado o que lle pasou á nosa lingua co deste refrán non cho atopei

Para prexuízo, o que hai en certos ambientes pretendidamente democráticos e universitarios contra os galegos que, sen meterse con ninguén, simplemente exercen o seu dereito a falaren castelán porque é a súa lingua, e a seren tan bilingües como os que fachendean do seu monolingüismo en galego militante...

mar

mar

30 de marzo

como cansas don "tan bilin..." isto serve para defender unha lingua en inferioridade de condicions.. podes estar tranquilo que o castelán non vai desaparecer... e o castrapo que abunda en galicia, (traduccion literal do galego) polo monos na oralidade.. non e digno de se perpetuar no tempo.. ou si... non importa.. pero o discursito de victima por ter problemas pa desenrrolar a vida en castelan cansa.. pq è falso a par de absurdo..

desenrrollar= desenrolar
desarrollar= desenvolver

Fantástico galego o das señoras Gelia e Chicha. Xa podía ser máis longa a conversa grabada.

Mónica Ares

Mónica Ares

30 de marzo

O outro día fun visitar uns amigos que lles falan galego ó seu fillo de catro anos. No colexi o fálanlle galego, e o rapaz chega a casa falando castelán. A min entristeceume pero despois, pensándoo ben, comprendín que a base xa a ten, ten os pais e a escola, aínda que no lugar de xogos e por culpa da televisión fale castelán. pero non vos parece que ó revés na vida pasaría iso? Non te preocupes, tanbilingüe, que o castelán non desaparece, e non é o único caso co que flipei. Outro colega levaba a súa filla a unha galescola desas "do demo" e volvía á casa tamén falando castelán. cousas que pasan.

Sak

Sak

3 de abril

O curioso deste caso é a explicitación do conflito. Normalmente esas decisións de cambio da lingua asoballada á dominante, entérranse no máis profundo do ser, son case tabús ou directamente son negadas. Neste caso chámame a atención como esas decisións foron tomadas con claridade e de xeito grupal.

Tamén é sorprendente o interese en que a transmisión interxeracional non se perda e ainda con diversos esforzos, atópanse ante un muro que non logran derrubar.

Por último, apuntamento local. Lugo, pasa por ser unha das cidades con máis galegofalantes (en proporción) e como podedes escoitar, na súa vida o galego case non existe.

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

24 de marzo | Ti falas

Gelia e Chicha

Gelia e Chicha son irmás e de Lugo. Son a tía e a nai de Grial Parga, que nos mandou este vídeo despois de enviarnos o das súas sobriñas Xiana e Ánxela. Gelia e Chicha falan, e moito, da súa historia co galego e co castelán.


Gústalle a 26 persoas

María YáñezPaula Gómez del ValleXabier CidAndrés ManeiroBerto YáñezReidotoxoghanitoRaquel de PenasSilvia CanabalUxio Pazos MirasIván Gómez BlancoCibrán RíosmourulloAnxos SobriñobesbelloAlberte Alonso PereiraOscar OteroPaula Francos AnlloLaura Rubiobelén regueiraJoamAna Mª Fernández FernándezIolandaXABIER MAGARINHOS GONZALEZLucía Rey GolpeXurxo

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Ti falas

Asifalo.eu: Os pronomes

A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.

Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón

Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"

Lola, Lilas e Raimundo

Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.

Carmucha

Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza