Inés é da Coruña, ten 24 anos e estuda Filoloxía Inglesa.
e vós que falades? :)
koruño for the win!!!
Parabens pola idea.Betolo
eu propoño meter o galego nun zoo ou contratar un taxidermista para que non se perda....
Bilingüismo galego/koruño... Xenial!! ;) xDD
Iniciativas innovadoras coma esta è o que fai falla, parabens¡¡.
Gostame
Parabens , navalleiros.
Realmente boa idea.
Parabéns!!
Noraboa pola iniciativa. Cousas como esta son as que fan falta para poñer a andar á xente! Parabéns @anavallasuiza, @leoearremecaghona, @ todos!
É mui típico que cando di que hai cousas escritas nos museos en galego usa o verbo TRADUCIR. Dándolle un carácter de artificialidade. Non o fai a mal, pero está aí, nas cabeciñas de todos nós.
NORABOA!!!!
Parabéns
Case dacordo ao 100% con Inés. O que non teño tan claro é que sexa necesario para defender/promover/conservar/falar o galego ter que fomentar un sentimento de "nación" ligado directamente cun rexeitamento e enfrontamento hacia outras nacións/institucións das que formamos parte.
...algun día daremonos conta de que o castelán só é galego mal falado. Ainda que lles pese a normativa.
eu estudei en castelán por decreto, costame moito escribir en galego, quisera que meus netos poideran estudar, falar e escribir en galego. A loita contnúa. Parabens.
Eu dende eiqui quero dar as grazas a "Feijóo y adláteres" por esta provocación e politización dalgo que debería ser de todos e para todos. Estabamos durmidos. Grazas de verdade!!!
Parabéns pola iniciativa, a Galiza necessita destas mostras de amor colectivo pola nossa língua.
Eu falo de carallo!!!
Moi boa iniciativa, e a difundir, desde logo.
Gran iniciativa! Parabéns.
Moi dacordo con que non se pode IMPOÑER o uso do galego ou castelán.
Cadaquén ten que elexir (en realidade na maioría dos casos non se elixe, senón que estás condicionado a que na túa casa falen un idioma ou outro) o idioma que quere, pero con esa actitude de galego=pobre+rural+domonte+etc a xuventude déixase influenciar polos "guays da clase" que pensan iso e optan polo castelán.
O que hai que facer e cambiar esa fama, e manter polo menos a nosa lingua, porque se non a usamos nós, vaise perder.
no solo temos q promover o galego, senon todas as lingoas. E vivo e estudio no extranxeiro e costoume anos chegar a dominar o ingles. Temos q promover unha educacion q facilite no so o bilinguismo pero tamen o trilinguismo e mais!!! Paises coma Suecia estan moi avanzados neste aspecto, moi a cabeza de todos os outros paises!!
Je! Estou de acordo con Inés e moi especialmente no de que hai que potenciar o galego sen discriminar o castelán, pero tamén son moi escéptico respecto a isto, porque non creo que haxa maneira posible de potenciar o uso do galego sen discriminar dalgún xeito ó castelán.
Explícome: o castelán segue a ter unha posición de preeminencia en case tódolos ámbitos; intentar que o galego alcance lugares nos que agora a súa presencia é testemuñal implica que se lle "quite terreo" ó castelán. É unha simple cuestión matemática: se agora a proporción de linguas é 70% castelán e 30% galego e queremos alcanzar un 50% - 50%, o galego necesitaría "roubarlle" ó castelán un 20%.
Aínda que non se impoña o galego, existe unha liña moi fina entre "imposición" e "promoción", e o que para moitos é simplemente "promover", levanta unha airada oposición entre outra xente para a que iso é "impoñer". O consenso é moi difícil pero o resultado está claro: o galego necesita "comerlle terreo" ó castelán, se quere alcanzar a normalidade. Doutro xeito, non sairemos deste tan cacarexado estado de "diglosia".
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Código para o teu blog
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.