José e mais Arcadio viven en Vilalba, e repasan as súas técnicas para ir ás mozas, no idioma que faga falta.
Se buscan un terceiro para ir ás mozas, eu a morte con eles!! Fenómenos!! :D
grandísimos o José e mais o Arcadio ...e que ben falan o castellano, mira ti polo que aprenderon castelán, polas mozas! :D
que ghrandes!!
Hahahah, que grandes! Pero "os vellos non deben..." xD
Hahahahahaha.... que bom!!!! eu quero conhecer a estes dous hahahahahahaha...!!!
"por que estamos en Ghalisia" non fan falta máis motivos!
Lingua ou consultorio sentimental? ;)
Eses somos o @Reidotoxo e mais eu en 40 anos
Que fenómenos!
ja ja vaia dous....pois eu falo castrapo tirando a gallego
e aqui en Barcelona agora todos me conocen tamen como "gallegita"
De momento un dos meus colegas xa sabe decir "bos dias" ;)
De marabilla.... unha oportunidade para escoitar, pero animo a todos a que tamén escoiten á xente na rúa, que ás veces imos tan acelerados que só nos escoitamos a nós mesmos... José e Arcadio menuda parella!
As mulleres sempre fomos un grande factor castelanizante.
Parecen Nucho e Mucho
que cracks ¡¡¡
"Que buen tipo tienes" hahaha!
Estas son dúas persoas das que quedan poucas!!! (por desgracia...)
para alén das confesións erótico-festivas destes dous pillabáns experimentados, pódese ver a evidente equivalencia entre galiza e galego no seu discurso, a naturalidade coa que "iso é así" na mentalidade dos nosos vellos.
mais nas xeracións máis novas foise instalando nas últimas décadas o falseamento da nosa realidade histórica e cultural, e hoxe o "tangalleguismo" faise forte (sen lle pretender dar a máis mínima importancia ás recentes "saídas á rúa" dos que sempre foron igual de agresivos pró idioma desde as máis variadas instancias) na maneira de ver a realidade lingüística do país que teñen os máis novos.
por outra banda, eu sempre digo que os nosos vellos, máis alá da opción política pola que opten ou cara á que se vexan empurrados, foron e son esencialmente (enténdase ben a palabra "esencialmente") nacionalistas, e transmitíronnos a moitos esa "intuición" en forma de evidencia, que é como eles sinten e viven a nosa identidade.
SOMOS GALEGOS E FALAMOS GALEGO(,) NATURALMENTE.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
José e mais Arcadio viven en Vilalba, e repasan as súas técnicas para ir ás mozas, no idioma que faga falta.
Código para o teu blog
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.