Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
A aquel mestre, Román Pintos, habia que lle facer un monumento.
Eu son do núcleo urbán de Marín, e de falalo mal ren de ren, con castelanismos sí, pero fonética e morfolóxicamente o galego desta xente é perfecto, é aínda vivo en canto a cantidade de vocabulario. Ese resquemor que manifestan cara a Pontevedra tamén o sentín eu, e fálovos dos 80 cando aínda te vacilaban pola entonación típica do Morrazo. Fixadevos na riqueza fonética dos arredores de Marín no que ademais do seseo e a gheada, realizase un s sonoro a medio camiño entre o s e o c, de xeito que Seixo non é Seixo senón algo parecido a Sceixo. Estiven en moitos sitios en Galicia pero so o oín por esta zona. No centro de Marín houbo outro mestre republicano que seguiu coa sua academia despois da guerra é foi denuciado polo seu irmán que era cura ou algo así. Sinto non lembrarme do nome. E outro gran mestre Marinense foi o pintor Manuel Torres que nos corenta rescatou a festa dos maios
A calidade do son hai que coidala máis... eh?
Eu acho que o português e o Galego são línguas irmãs. São poucas as palavras que são distintas. Alguma acentuação ou alguma forma de dizer algo diferentemente, mas no geral são bem línguas bem parecidas. Talvez não haja línguas tão parecidas. E eu compreendo completamente o que um galego diz.
Eu estou moi orgullosa do meu "jallejo" o que falaba a miña "abuela" , que non avoa, a mesma que non me limpaba os mocos, senon os mormos, e a que mataba a lus en vez de apagale. Teño un gran orgullo en falar igual que os meus maiores, inda que as veces a xente me diga que invento as palabras...Pero non o meu "jallejo" é o que herdei da miña "abuela. De Seixo
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Descargar o arquivo MP4
133 MB
Código para o teu blog
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."
María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."