María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."
O que dá de si falar da lingua, diormío! Grazas, María e Manuel por ser tan claros, a ver se o da "Cabeza retorcida" o entendesen coma vós.
Ola parella! Dixestes todo o que había que dicir. Manuel: xa te vexo nunha praia brasileira practicando o "galego cerrado" (ou na terra da María, haha) ;-D Apertas.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
María é de Vimianzo e Manuel de Mourente, en Pontevedra. A súa historia lingüística é a de tantos matrimonios da súa xeración. O vídeo enviouno Diego Iglesias, que nos di: "Os pais de Caralladas explicando como chegaron a ter un fillo tan raro raro."
Descargar o arquivo MP4
147 MB
Código para o teu blog
A colocación correcta dos pronomes átonos é unha das maiores dificultades que afrontan os galegofalantes, sobre todo os neofalantes urbanos, pero non só eles. O noso profesor ilústranos con interesantes exemplos cales son os tipos de colocación destes pronomes e propón algunha solución que podería facer a vida do galegofalante máis grata e libre.
Un novo vídeo de Caralladas: "Carmen, Vanesa, Manuel e Ramón cóntannos a súa historia. Son de Vimianzo e de Coristanco, e viven en Santiago, A Coruña e Canarias. A pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?"
Novo vídeo da serie de entrevistas enviadas por Vixía e Caralladas. Lola, Lilas e Raimundo viven en Seixo (Marín) e as súas impresións sobre o galego son bastante parecidas ao que pensan moitas outras persoas da súa xeración, nacidas polos anos 40 e 50.
Diego Iglesias envíanos outra colaboración (aquí a primeira), que presenta deste xeito: "Vinte e sete anos despois, poñemos rostro a unha das voces míticas do Arquivo Sonoro de Galicia. Carmucha foi muiñeira, vive en Loira e é unha grande conversadora."