Mariluz é filla de emigrantes e naceu en Londres, pero hai uns anos que vive en Ordes, agora coa súa sobriña Xana.
Case sempre fala galego, pero diante da tele...
Bueno hó, xa dixo ela que lle saía así... sería polos nervios!
Pásalle a moita xente galegofalante nada máis ver un micro ou unha cámara, sobre todo á xente maior. Pero non é culpa súa.
Tratándose dun documental sobre a fala galega, non sei como non fixo un esforzo para falar en galego... Non por nada, senón porque queda raro que só o diga e non o faga "si, si, yo hablo gallego continuamente. Casi nunca hablo castellano". O movemento demóstrase andando.
Por certo, este é o meu primeiro comentario. Moi boa iniciativa, e moita sorte!
Non é exactamente un documental sobre a fala galega. A xente pode falar no que lle pete ou lle saia no momento. A algunha xente poderán resultalles chocantes algunhas cousas, pero na variedade -e na contradición- está o quid deste asunto.
Da igual em que fale, "Ordenes" nom existe.
A ver... eu xa non digo tanto: a min mesmo, que falo galego SEMPRE, se me escapa "Órdenes" ás veces. Son certas "herdanzas" que nos quedaron de "outros tempos" e que van desaparecendo.
Se a min me gustou a entrevista, pero sooume chocante: "Yo hablo gallego todo el rato, todo el rato, pero ahora no sé, contigo no me sale". Supoño que será o que di Mónica Ares...
Xa me gostaría ter a riqueza lingüistica de Marylou!!
kisses mary!!
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Mariluz é filla de emigrantes e naceu en Londres, pero hai uns anos que vive en Ordes, agora coa súa sobriña Xana.
Código para o teu blog
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.