Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Maruja, es unha crac total. Noraboa e grazas.
¡bravo bravo!
Bravísssssimo!
Avoa eres a mellorrrrrr!!!!
=)
BICOS
Unha marabilla, María, fixestes un traballo fabuloso. Sabía que ía ser difícil editalo porque miña nai ten unha capacidade enorme para abrir fíos secundarios na conversa, e despois volver ao fío principal.
Quedou precioso, transmite moi ben o orgullo que sinte miña nai polo noso idioma, e a conciencia de que temos que loitar por el.
É o noso gran tesouro.
Graciñas, María, e noraboa.
Avoa non ten paraxe a falar, pero fala dicindo cousas: coas mas, cos ollos, coas verbas.Es un grande exemplo para nenos e para maiores que son quen teñen que loitar pola lingua.
Gran traballo tamén para o equipo de Eu falo.tv.
BIcos!
Hahaha, a verdade é que ten delito chamarlle aldea a Meloxo... Gonzalo !!!
Paréceme un vídeo marabilloso e cargado de optimismo. Non creo que haxa maneira máis clara e máis simple de explicar o que o galego significa para Galicia. Gracias a xente coma ti, Maruja, aínda hai hoxendía quen respete e queira o idioma. Noraboa!
ehehehe eu a Rajoy non o tenho por ghalegho! e Feijóo é un bosteiro!! ahahaha iso si, a bosta é cousa boa!! ahahahah! viva a retrancaaaaa!!
Ás/aos netas/netos desta muller non sabedes o que vos envexo por terdes unha avoa así ;) Un saudiño dende Ourense
Brutal!!! Quase me sae umha lágrima!
Moi simpatica e graciosa. Moitas graciñas. Hai miles de avoas/os asi por toda Galiza, hai que darlle voz.
adoro ás avoas, primeiro porque teñen conta de todo o clan, cando nacen, como crecen e como seguen a crecer, isto é unha nai; pero o que mais me fascina é que teñen conta do ser humano polo menos en duas xeracións e as veces en tres, o que isto da a unha persoa non poder ser mais que sabiduria: un ciclo tan complexo visto polo menos duas veces....Encantame esta muller da que escoitei falar dela hai tempo, e por fin a vexo, maravillosa, e os seus netos tamén, e non é por cuasualidade agora o sei. Bicos a todos e noraboa.
cousa bonita!
Súper Seareira!!
Fuá! Que gusto da escoitala Sra. Maruja, adorábel!
Arre demo, que ben fala Maruja!! Moito me recorda a unha miña amigha nacida en Nova Iorque, filla dun matrimonio do Grove, que falaba así como Maruja... E que tal se aprenderamos un pouco dos/as falantes de toda a vida, en vez de pretender darlles leccións?
Eu quero ser así de maior!!! Cando vin que duraba 15 minutos pensei... bufff... pero logo fíxoseme curto e todo. Grazas por tanto bo falar.
Ben por Maruja !!!
Parabéns Maruja! Por esa vitalidade, enerxía e amor á nosa lingua!!!
Moitos biquiños pa noxa gran tia Maruja. E o orgullo da familia!!!
Encantame!!!!Viva Maruja!
Olla como cheira o ourejo mentres Gonzalo e Antón falan,q cousinha bonita!
Gonzalo, como entrevistador non vales un peso... manipulador!!!
Digha que sí seña Maruja, os da súa xeración pódenlle dar clases de ghallegho a calquer doutorado da Universidade de Filoloxía Galega.. A riqueza e a seghuridade que ten o seu ghallegho dubido moito que se volva ter aínda que recuperemos falantes.
Escribe aquí o teu comentario
Pois miña tía: E non dis nadiña do teu sobriño Arxentino!!!! Eu escribo a como me sona xa que non fun a escola (de galego) pero a tua hirmanciña e o teu cuñado falaronme en galego desde ante de nacer. Cando me chamaban ¡¡Galdropeiro!!
No ano 1996 fun por vez primeira a O´Grove, e o primeiro que me chamou a atencion e que o rapazes non falban galego. Cando vexo a TV galicia e os que conducen falan mixturando todiño, afartome de reir.
Cando din Veran en lugar de dir Vran e miles de exemplos a como ese. Maruxa e un exemplo para que todo lo oigan: Cando repite po lo baixo que alguns non falan en Galego porque a falar o Castelan eran "mais importantes", daba garbo falar castelan. Aqui, nas romerias (xuntanzas de galegos os domingos) alguns non falaban galego e Cándido (meu pai, teu cuñado) daballes leria en galego e decialle que iban a olvidar a sua lingua. Alguns deles eran de Meloxo, estoño e alguns hasta de Dadin.
Emociname escoitarte, pero o teu legado pra min vai mas ala da lingua, e un legado de Amor. Bicos pra todos desde Bos Aires
Dona Maraghota!!!!... non quero saber como me poderán chamar os meus...
Xenial Maruja do barrio de Meloxo!!! E moi boa a análise comparativa das actitudes de Fragha-Rajoy-Feijoo fronte a lingua
ai, dona marugha! que galego mais bonitiño que fala vostede! miñavoa a Freijoolito dille "o das narices longhas" mais penso que o nome que vostede lle da tamén lle cadra.
Só unha cousa me podería dar mágoa i é que o Antón non herdase esas variantes dialetais tan fermosas.
Bicos Marugha, que está feita unha moi boa moza do 22!
Paréceme un vídeo fermosísimo, di unhas cousas que moitos queriamos dicir e penso que ninguén mellor para chamar a atención sobre a actualidade lingüística que unha persoa maior.
En certo modo dame pena, todo ese amor, ese agarimo que lle ten ao seu idioma (e que eu comparto), que non sexa común hoxe en día. É e sempre foi un idioma de respeto, que nunca foi contra ninguén e pola contra padeceu (e padece) o mal trato doutros idiomas. É unha das cousas máis bonitas e impagables que temos os galegos.
O vídeo e impagable, moitas gracias por faceres este traballo. Noraboa a Maruja por explicar tan ben o que sinte. A xente coma ela é á que hai que escoitar, anímovos a seguires co voso traballo de acadar testimonios tan importantes coma este. Gracias.
Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.
Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
Descargar o arquivo MP4
150 MB
Código para o teu blog
Vanessa, Ness, é de Birmingham e leva tres anos estudando galego na Universidade da súa cidade. Dende alí cóntanos que é o que máis lle gusta do galego e como ve a súa situación dende fóra. A entrevista fíxoa Séchu Sende.
Carlos e Zeus son de Vilalba e non falan galego, aínda que moita xente do seu entorno si.
Xulia ten seis anos e fala seis linguas: galego, francés, castelán, inglés, portugués, neerlandés, e algunha outra. Vive entre Bruxelas e Vigo.
Eva e Fran son médicos e viven na Coruña. Non falan galego, pero teñen intención de que a súa filla o aprenda.