Na Coruña fálase: Na praia

A Coruña apanda co mito de ser unha cidade na que non se fala galego, pero nesta serie e da man de Isabel Risco imos tentar derrubalo. Comezamos o noso experimento unha mañá de inverno na praia de Riazor, preguntándonos canto tardariamos en atopar un galegofalante entre a xente que paseaba por alí. E atopamos unha, e outro, e outros dous... moitos máis dos que pensabamos!

3 comentarios

Isabel Aldao Losada

Isabel Aldao Losada

14 de decembro

Orgullosa dos meus copañeiros! Monte Alto e Almendralejo dando exemplo :)

Manu Mayo

Manu Mayo

18 de decembro

Cando o gravamos deime conta de que a bandeira galega, do paseo marítimo, é un chisco máis pequena que a ESPAÑOLA.
Non é posible... debe ser un efecto óptico da distancia.
Alguén coñece contos desas bandeiras?

Gamela

Gamela

18 de decembro

I Guerra Dixital Mundial (Paper Storm)
Temos unha cita coa Verdade !!!
http://www.wikifiltraciones.com/?p=1560

Para deixar un comentario tes que acceder a eufalo.TV. Se usas Facebook poder facer click no botón da dereita, ou tamén acceder ao xeito clásico.

13 de decembro | Aquí fálase

Na Coruña fálase: Na praia

A Coruña apanda co mito de ser unha cidade na que non se fala galego, pero nesta serie e da man de Isabel Risco imos tentar derrubalo. Comezamos o noso experimento unha mañá de inverno na praia de Riazor, preguntándonos canto tardariamos en atopar un galegofalante entre a xente que paseaba por alí. E atopamos unha, e outro, e outros dous... moitos máis dos que pensabamos!


Gústalle a 14 persoas

Pablo MatoSakbelén regueiraOscar OteroAna Barxaa muller do pianoIolandaRamón D. VeigaMónica AresManu MayoAna EscouridouveicMatías TarríoAbril

Descarga e difunde

codigo

Código para o teu blog

Outros vídeos: Aquí fálase

En Alemaña fálase: Rosmarie

Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso. Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig.

En Alemaña fálase: Katja

Katja Bode é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses. Estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega.

En UK fálase: Jason

Jason Booker é estudante de filoloxia hispánica na Universidade de Bangor, onde leva estudando lingua e cultura galegas tres anos. O terceiro curso fíxoo na Universidade de Santiago de Compostela, e alí traballou nun proxecto sobre a historia das diferentes normativas do galego. No Centro de Estudos Galegos de Bangor fixéronlle esta entrevista.

Na Coruña fálase: De compras

Despois do baño na praia de Riazor, Isabel Risco levounos a outro "templo" cascarilleiro, a praza de Lugo. Porque a compra e venda de marisco e peixe tamén se fai en galego, aínda que seña no mesmiño centro da Coruña.

Esta web é un produto de
A Navalla Suíza